O UCAM fai oficial a fichaxe de Kevin Presa: "Entendí que quizás lo mejor era un cambio de aires"
Por Diego Espiño
Xa é oficial. Á primeira hora da tarde deste xoves o UCAM Murcia anunciou a contratación de Kevin Presa, que pon así fin a unha longa etapa na casa granate, á que chegou aínda en categorías inferiores.
"Siempre voy a llevar al Pontevedra conmigo, a su gente, son 7 años los que he estado aquí, la considero mi casa", sinalou o xogador a PontevedraViva tras confirmarse a súa incorporación ao conxunto murciano.
Kevin considera que "un cambio de aires nos va a venir bien a los dos", pero quixo explicar os condicionantes da súa saída, nos que lle pareceu "un poco feo" que su compromiso puidese quedar en dúbida.
"Tenía una mínima opción de entrar en la Segunda División, en el fútbol profesional y creo que hice lo que cualquier jugador habría hecho, esperar un poco", revela o centrocampista, que defende que "desde el primer día fui de cara".
Kevin Presa: "Ojalá esto sea un hasta pronto"
Mantén que "en Segunda B siempre he puesto al Pontevedra por delante" e que "estaba dispuesto a escuchar una oferta y a valorarla", pero esa proposta tras semanas de espera finalmente non chegou.
Nese momento, xa sen opción de ascender de categoría, chegaron as palabras en rolda de prensa da presidenta granate, Lupe Murillo, colocándolle "fuera del club", e "ahí entendí que quizás lo mejor era un cambio de aires y tuve que buscar otras opciones", asegura un dos xogadores que acumulou máis partidos vestindo a camiseta do primeiro equipo nas últimas décadas.
En todo caso Kevin Presa sinala que marcha ao UCAM Murcia "sin resquemor", un equipo que aspira a xogar o play-off de ascenso no Grupo IV da Segunda B, e ten claro o seu desexo, que "ojalá esto sea un hasta pronto", porque o vivido no Pontevedra é algo que non se esquece tan facilmente. Así o testemuñan 183 partidos de liga co primeiro equipo con 9 goles, incluído un que foi decisivo no último ascenso, aquel lembrado 27 de xuño de 2015.
Relacionadas:
-
Un triangular ante Deportivo e Tenerife en Pasarón, prato forte da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A RFEF propón un grupo I de 2ªB no que o Pontevedra viaxaría a Melilla, Baleares e Canarias
Por Diego Espiño |
-
Pol Bueso, ansioso por vestir de granate: "Sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ata a Pol Bueso para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
N'Diaye xa pensa en clave granate prometendo "trabajo, intensidad y un buen trato de balón"
Por Diego Espiño |
-
Sana N'Diaye convértese na primeira fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A canteira 'granate' ten a súa propia festa en Pasarón
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O director deportivo do UCAM, sobre Kevin Presa: "Nos ha dicho que si sale a jugar en 2ªB va a venir aquí"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prepara unha campaña de socios "más potente" sen subir o prezo dos carnés
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo rexeita ofertas de compra polo Pontevedra "de capital mexicano y argentino"
Por Diego Espiño |
-
Costas ve como una "posibilidad viable" construír a cidade deportiva do Pontevedra na Xunqueira de Alba
Por Diego Espiño |
-
Adrián León e Kevin Presa "están fuera del club", asegura Lupe Murillo
Por Diego Espiño |