Xornada de atletismo galego no CGTD co Gran Premio Jim Sport
Por Redacción
O Gran Premio Jim Sport de Atletismo, organizado polo Club Atletismo Rías Baixas, encheu de cor este venres as pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
A xornada contou cunha alta participación, centrando a atención do atletismo autonómico.
En xogo para moitos atletas estaba a clasificación para os Campionatos de España Sub-16 e Sub-20 dos días 6 e 7 de xullo, ao tratarse dunha das últimas oportunidades para conseguir as marcas mínimas esixidas.
A actividade deu comezo ás 19:00 horas da tarde coas carreiras de 100 metros valos cadete, e continuou con diferentes probas ata ao redor das 21:30 horas, cando pechaba a programación a remuda 4x100.
A competición tamén contou con carreiras de 100 metros lisos, 800 metros, 300 metros (sub-16) e os 1.500 e 3.000 metros obstáculos, neste caso só na categoría feminina.
Relacionadas:
-
O marinense Nicolás García logra un décimo posto no Europeo Sub-20 de atletismo
Por Redacción |
-
A Escola de Atletismo Gustavo Dacal convértese en realidade
Por Redacción |
-
A tempada de atletismo estréase en Pontevedra cunha elevada participación no Torneo de Reis
Por Sofía Lorenzo |
-
O Club Atletismo Rías Baixas asegura praza para dous atletas no Campionato de España
Por Redacción |