N'Diaye xa pensa en clave granate prometendo "trabajo, intensidad y un buen trato de balón"
Por Diego Espiño
"Estoy contento e ilusionado, con ganas de empezar a darlo todo".. Así comeza Sana N'Diaye a conversa con PontevedraViva tras confirmarse como primeiro reforzo do Pontevedra Club de Fútbol para a tempada 19/20.
O centrocampista senegalés ve na súa chegada á Boa Vila unha oportunidade de dar un salto adiante na súa carreira.
"El proyecto que me han comentado me gustó", asegura, por iso aínda que o seu club de procedencia, a Balompédica Linense, ofreceulle a renovación decidiuse polo cambio e por probar experiencia no Grupo I da categoría de bronce.
N'Diaye pide ir con cautela e "partido a partido", pero tras dúas tempadas loitando na zona media da táboa móstrase ambicioso porque "lo más bonito es poder luchar por los play-off, todo jugador quiere subir de categoría y la verdad es que lo vamos a intentar".
Sana N'Diaye: "No soy mucho de meter goles, pero trabajo con el equipo, intensidad y un buen trato de balón sí lo puedo prometer"
Na súa fichaxe polo Pontevedra un ex-xogador da casa granate, Abel Suárez, con quen coincidiu a última campaña xogou un papel destacado, xa que "lo que me ha dicho todo es bueno la verdad, el campo, la gente... y eso ayudo un poquito", recoñece.
Unha cousa ten claro a primeira fichaxe do mercado estival, e é que "intentaré dar lo mejor" porque "no soy mucho de meter goles, pero trabajo con el equipo, intensidad y un buen trato de balón sí lo puedo prometer". Así o testemuñan as estatísticas dos dous últimos cursos na Balompédica, do Grupo IV de Segunda B, onde acumulou 66 partidos de liga (59 deles como titular) anotando 3 goles.
Sana N'Diaye ten previsto chegar a Pontevedra o "12 o 13" de xullo para iniciar a pretempada o luns día 15 ás ordes de Luismi.
Relacionadas:
-
O papel que xogou Igor de Souza na fichaxe de Alfredo Mejía polo Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra traspasa a David Castro ao Valencia
Por Manu Otero |
-
Un triangular ante Deportivo e Tenerife en Pasarón, prato forte da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A RFEF propón un grupo I de 2ªB no que o Pontevedra viaxaría a Melilla, Baleares e Canarias
Por Diego Espiño |
-
Pol Bueso, ansioso por vestir de granate: "Sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ata a Pol Bueso para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
Sana N'Diaye convértese na primeira fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A canteira 'granate' ten a súa propia festa en Pasarón
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O UCAM fai oficial a fichaxe de Kevin Presa: "Entendí que quizás lo mejor era un cambio de aires"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prepara unha campaña de socios "más potente" sen subir o prezo dos carnés
Por Diego Espiño |