Ibón Navarro e Edgar Vicedo, convidados ACB para o Campus Baloncesto Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz
Un verán máis, a Liga ACB de baloncesto achégase á cidade da man do Campus Baloncesto Pontevedra, que se celebra desde o domingo nas instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe.
Nesta ocasión, o campus dirixido por Cuco Rodríguez conta con dous mestres de excepción, Ibón Navarro e Edgar Vicedo.
O primeiro deles, Ibón Navarro, foi protagonista durante toda a xornada do martes. O adestrador do Morabanc Andorra compartiu as súas experiencias e leccións cos 70 nenos e nenas participantes.
Tras o técnico, o sábado será quenda de Edgar Vicedo, xogador do Movistar Estudantes.
O Campus Baloncesto Pontevedra continuará coa súa actividade e adestramentos durante o resto da semana, nunha edición que experimentou un importante incrmento de xogadoras inscritas, 26 do total de 70 deportistas.