O árbitro pontevedrés Alejandro Muñiz ascende á Segunda División
Por Diego Espiño
O Comité Técnico de Árbitros de Pontevedra recibiu este martes unha estupenda noticia no informe anual do comité nacional, no que se publican os ascensos e descensos da tempada.
No mesmo aparece como un dos protagonistas é un membro da delegación de Pontevedra, Alejandro Muñiz, que a próxima tempada arbitrará na Segunda División.
O colexiado pontevedrés é un dos catro ascensos fixados á categoría de prata do fútbol nacional, premiando así o seu gran ano.
Ao longo do últimas cinco campañas Muñiz dirixiu un total de 68 encontros na Segunda División B, entre competición regular, play-out e play-off, unha experiencia que agora aos seus 28 anos valeralle para dar o salto á Liga de Fútbol Profesional, noticia moi celebrada por todo o comité pontevedrés.
Hoxe amanecimos cunha boísima nova: Alejandro Muñiz vai arbitrar a vindeira tempada no fútbol profesional! laliga 123 será a competición na que o noso compañeiro poderá dar un paso máis na súa carreira deportiva.… https://t.co/VM8KdaWseJ
— CTAPONTEVEDRA (@CTA_PONTEVEDRA) 2 de julio de 2019
Pero a de Alejandro Muñiz non foi a única boa nova, xa que a vilaboense Iria Rosendo será asistente na Primeira División Feminina a próxima tempada, sendo unha das sete colexiadas asistentes ascendidas á máxima categoría.
Seguimos coas boas novas! A máxima categoría do fútbol feminino terá unha protagonista pontevedresa: a vindeira tempada a compañeira Iria Rosendo actuará coma asistente na @ligaiberdrola Parabéns, Iria! https://t.co/spSeceKMeN
— CTAPONTEVEDRA (@CTA_PONTEVEDRA) 2 de julio de 2019
Relacionadas:
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz recibe o Trofeo Guruceta ao mellor árbitro da Segunda División
Por Redacción |
-
Un árbitro pontevedrés entre os elixidos para dirixir o playoff de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz, entre a arbitraxe e o seu traballo de Policía en Madrid en plena alerta sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A "ilusión tremenda" do pontevedrés Alejandro Muñiz no seu debut como árbitro de Segunda División
Por Diego Espiño |
-
Dous árbitros pontevedreses ascenden á Segunda B do fútbol español
Por Redacción |