Pol Bueso, ansioso por vestir de granate: "Sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda"
Por Diego Espiño
Nas súas primeiras horas como xogador do Pontevedra Club de Fútbol, Pol Bueso recoñeceu estar "muy contento e ilusionado a la vez" por aterrar no que cualifica unha "ciudad de fútbol".
O defensor castellonenco móstrase ansioso por vestir de curto e devolver a confianza mostrada nel despois dun ano complicado como o último no Hércules, no que non xogou desde febreiro por diferentes motivos.
"No tengo palabras para expresar la confianza que han depositado en mí y cómo devolverla", explicou a PontevedraViva, pero "se lo voy a devolver con sacrificio y trabajo", asegura.
Pol Bueso: "No tengo palabras para expresar la confianza que han depositado en mí y cómo devolverla"
Bueso chega a un proxecto que cualifica de "ilusionante", e acórdase das súas propias vivencias nun Pasarón vestido de play- off de ascenso. A pesar de que no seu currículo figuran tres ascensos a Segunda (Albacete, Nástic e UCAM Murcia), a súa primeira fase de ascenso deixoulle marcado. Foi na campaña 2007-2008 cando defendía as cores do Ceuta, que eliminaría ao Pontevedra nunha dolorosa xornada a beiras do Lérez ao vencer 1-2 tras un empate (1-1) no duelo de ida. "Yo he vivido lo que es el campo en un verdadero play-off. Me acuerdo como si fuera ayer de esa sensación cuando salimos, de cómo estaban las calles de la ciudad. Era mi primer play-off, imagínate", rememora a agora segunda fichaxe estival dos pontevedreses.
Será o destino, pero 11 anos despois os seus camiños volven cruzarse, e aínda por riba "soy muy de fechas y todo eso, y el día que se fundó el club es el día del cumpleaños de mi mujer", revela.
A pesar do seu último e convulso curso en Alacante, o Pontevedra mostrouse interesado nos seus servizos e así llo fixo saber desde o principio, tanto que aínda que contaba con máis ofertas e mesmo coa opción de volver á súa casa, Castellón, "me convencieron", explica. Nesa decisión, ademais das chamadas de Roberto Feáns e do adestrador, Luismi, xogou tamén un importante papel Jesús Berrocal, ámigo íntimo de Bueso e que "fue casi el primero que me llamó".
Aos seus 34 anos, Pol Bueso ten claro o que pode achegar os dous próximos anos ao Pontevedra Club de Fútbol, e por iso aínda que "entiendo muchas cosas y sé que la gente hasta que no me vea y cómo me adapto piensan que con 34 años es un riesgo", recoñece, "sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda. Lo demostraré con trabajo y dentro del campo, estoy convencidísimo que va a salir bien". Toda unha declaración de intencións.
Relacionadas:
-
O lateral esquerdo Álvaro Naveira únese ao Pontevedra por dous anos
Por Sofía Lorenzo |
-
O Pontevedra traspasa a David Castro ao Valencia
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra CF recibe a Uzochukwu Ogumka
Por Sofía Lorenzo |
-
Confirmado: o Grupo I de 2ª B estará composto por equipos de Galicia, Asturias, Madrid, Canarias, Baleares e Melilla
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Un triangular ante Deportivo e Tenerife en Pasarón, prato forte da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A RFEF propón un grupo I de 2ªB no que o Pontevedra viaxaría a Melilla, Baleares e Canarias
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ata a Pol Bueso para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
N'Diaye xa pensa en clave granate prometendo "trabajo, intensidad y un buen trato de balón"
Por Diego Espiño |
-
Sana N'Diaye convértese na primeira fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O UCAM fai oficial a fichaxe de Kevin Presa: "Entendí que quizás lo mejor era un cambio de aires"
Por Diego Espiño |