A RFEF propón un grupo I de 2ªB no que o Pontevedra viaxaría a Melilla, Baleares e Canarias
Por Diego Espiño
Hai lea. Un ano máis a composición dos grupos da Segunda División B non vai deixar indiferente a ninguén, e como case sempre un dos maiores prexudicados será o Grupo I no que tradicionalmente se encadran os equipos galegos.
A Real Federación Española de Fútbol preparou unha proposta que defenderá o vindeiro mércores 10 de xullo ante a Comisión Mixta de 2ª B que establece unha composición de grupo na que os equipos de Galicia terían que afrontar desprazamentos ás Illas Canarias, Baleares e mesmo Melilla, ademais de Madrid e Asturias, aínda que se baralla a posibilidade de intercambiar o Melilla polo Talavera.
En concreto, segundo esta repartición, o Pontevedra, Coruxo, Celta B e Rácing de Ferrol xogarían contra 4 equipos asturianos (Marino de Luanco, Langreo, Oviedo B e Sporting B), 7 madrileños (San Sebastián de los Reyes, Real Madrid Castilla, Rayo Majadahonda, Las Rozas, Atlético de Madrid B, Getafe B e Internacional), 3 conxuntos das Illas Baleares (Atlético Baleares, Ibiza e Peña Deportiva), un canario (Las Palmas Atlético) e a UD Melilla.
En función desta formulación o Grupo II reuniría a País Vasco (Real Unión, Barakaldo, Amorebieta, Leioa, Athletic B, Arenas, Alavés B, Real Sociedad B), Navarra (Tudelano, Izarra, Osasuna B), La Rioja(Calahorra, Haro, UD Logroñés) e Castela-León (Unionistas, Cultural Leonesa, Guijuelo, Burgos, Salamanca UDS, Valladolid B).
Pola súa banda o Grupo III estaría composto por Cataluña (Badalona, Sabadell, Nástic de Tarragona, Prat, Llagostera, Cornellá, Lleida, Olot, Espanyol B, Barcelona B, Reus), Comunidade Valenciana (Orihuela, Hércules, Castellón, La Nucia, Valencia B, Levante B, Vilarreal B) e Aragón (Ebro, Ejea).
Por último no Grupo IV xogarían equipos de Andalucía (Atlético Sanluqueño, San Fernando, Marbella, Recreativo, Algeciras, Balompédica Linense, Córdoba, Granada B, Cádiz B, Sevilla B), Murcia (Cartagena, Real Murcia, UCAM, Yeclano), Estremadura (Mérida, Don Benito, Badajoz) e Castela A Mancha (Villarrobledo, Talavera, Villarrubia).
PROPOSTA DOS EQUIPOS GALEGOS
Esta proposta caeu como un xerro de auga fría nos equipos galegos, que se reuniron na tarde deste xoves para acordar entre todos a súa postura respecto diso.
Neste sentido, a proposta que saíu dese encontro e que defenderá Gustavo Falque, presidente do Coruxo, como representante ante a Comisión Mixta, supoñería un Grupo I con equipos galegos (Pontevedra, Rácing de Ferrol, Celta B e Coruxo), asturianos (Marino de Luanco, Langreo, Oviedo B e Sporting B), rioxanos (Calahorra, Haro, UD Logroñés), castelán-leoneses (Unionistas, Cultural Leonesa, Guijuelo, Burgos, Salamanca UDS, Valladolid B) e navarros (Tudelano, Izarra, Osasuna B).
Relacionadas:
-
A composición do grupo I da Segunda B obriga ao Pontevedra a percorrer máis de 25.600 quilómetros
Por Manu Otero |
-
Confirmado: o Grupo I de 2ª B estará composto por equipos de Galicia, Asturias, Madrid, Canarias, Baleares e Melilla
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Pol Bueso, ansioso por vestir de granate: "Sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ata a Pol Bueso para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
N'Diaye xa pensa en clave granate prometendo "trabajo, intensidad y un buen trato de balón"
Por Diego Espiño |
-
Sana N'Diaye convértese na primeira fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O UCAM fai oficial a fichaxe de Kevin Presa: "Entendí que quizás lo mejor era un cambio de aires"
Por Diego Espiño |