O Trail Vila de Cuntis chega á súa sétima edición con máis de 400 inscritos
Por Redacción
O Club de Montaña Xesteiras organiza por sétimo ano o Trail Vila de Cuntis, unha iniciativa que contará o vindeiro domingo 7 de xullo cunha alta participación.
A carreira celebrarase desde as 9:00 horas con saída e chegada na Praza das Árbores de Cuntis pasando polos montes do municipio: O Pazo, Laxos, Sebil, Vilar de Mato, Alto do Cávado, Cequeril, Hermida e Alto do Castro.
Na proba participarán 432 corredores nas modalidades de trail (89), mini trail (89), andaina popular (89) e andaina deportiva (165).
A competición de trail terá un percorrido aproximado de 27 quilómetros e un desnivel acumulado positivo de 1.500 metros. Pola súa banda o mini trail constará de 17 kilómetroscon 780 metros de desnivel aproximado.
Por outra banda a organización programou unha andaina deportiva longa de 25 quilómetros, que forma parte do Open de Andainas de Galicia, e unha curta popular de 17 quilómetros.
O Trail Vila de Cuntis terá ademais carácter solidario colaborando coa Fundación Josep Carreras de loita contra a leucemia.