Raquel Miguens e Noelia Gestoso tamén renovan co Bádminton Ravachol
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol deu un paso importante na composición do seu primeiro equipo para o que será o seu segundo ano na Primeira División Nacional.
O conxunto pontevedrés, que partirá co obxectivo de pelexar polo ascenso á máxima categoría, confirmou este domingo as renovacións de Raquel Miguens e Noelia Gestoso, polo que se asegura a continuidade do núcleo duro do equipo.
Miguens, capitá do Ravachol aos seus 32 anos, é "un exemplo de constancia, dedicación e compromiso co proxecto", aseguran desde o club, despois de rexeitar propostas de varios equipos da categoría e tamén de División de Honra. Continuará ademais exercendo labores técnicos coas escolas deportivas da entidade.
Pola súa banda Noelia Gestoso seguirá un ano máis no equipo compaxinando os seus estudos de medicina cos adestramentos. Foi protagonista no ascenso a Primeira e a pasada campaña foi a quinta xogadora mais utilizada na liga Nacional, con 17 partidos disputados.
As dúas xogadoras únense por tanto a un plantel no que xa figuraban Ana Carbón, Alejandro Nogueira e Manuel Brea. Falta por concretar a continuidade de Miguel Sanluis, na que se confía, antes de abordar algunha fichaxe, que segundo o director deportivo Jesús Pereiro, podería concretarse durante a próxima semana.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol pecha o seu plantel coa fichaxe de Gabriel Fernández
Por Redacción |
-
Pablo Sanmartín e Miguel Serrano, novas fichaxes do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol renova a Miguel Sanluis e ficha a Amaia Torralba
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol ata a continuidade de Ana Carbón
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol comeza coas renovacións no seu equipo de Primeira Nacional
Por Redacción |