Confirmado: o Grupo I de 2ª B estará composto por equipos de Galicia, Asturias, Madrid, Canarias, Baleares e Melilla
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Xa non hai volta atrás, é oficial. O Pontevedra viaxará a próxima tempada ás Illas Baleares, Illas Canarias e tamén a Melilla, ademais de Madrid e Asturias.
A comisión mixta da Real Federación Española de Fútbol que rexe a Segunda División B aprobou este mércores a polémica repartición de grupos, ante o enfado xeneralizado dos equipos galegos, representados polo presidente do Coruxo, Gustavo Falque.
Desta maneira, o Grupo I estará composto polos 4 equipos galegos (Pontevedra, Coruxo, Celta B e Rácing de Ferrol), 4 equipos asturianos (Marino de Luanco, Langreo, Oviedo B e Sporting B), 7 madrileños (San Sebastián de los Reyes, Real Madrid Castilla, Rayo Majadahonda, Las Rozas, Atlético de Madrid B, Getafe B e Internacional), 3 conxuntos das Illas Baleares (Atlético Baleares, Ibiza e Peña Deportiva), un canario (Las Palmas Atlético) e a UD Melilla.
Non será a primeira vez que o club da cidade autónoma estea encadrado no grupo norte. A última ocasión foi a campaña 2005/2006.
En canto ao resto da categoría de bronce, o Grupo II reuniría a País Vasco (Real Unión, Barakaldo, Amorebieta, Leioa, Athletic B, Arenas, Alavés B, Real Sociedad B), Navarra (Tudelano, Izarra, Osasuna B), A Rioxa (Calahorra, Haro, UD Logroñés) e Castela-León (Unionistas, Cultural Leonesa, Guijuelo, Burgos, Salamanca UDS, Valladolid B). O Grupo III pola súa banda estará formado por Cataluña (Badalona, Sabadell, Nástic de Tarragona, Prat, Llagostera, Cornellá, Lleida, Olot, Espanyol B, Barcelona B, Reus), Comunidade Valenciana (Orihuela, Hércules, Castellón, La Nucia, Valencia B, Levante B, Vilarreal B) e Aragón (Ebro, Ejea). En canto ao Grupo IV, xogarán equipos de Andalucía (Atlético Sanluqueño, San Fernando, Marbella, Recreativo, Algeciras, Balompédica Linense, Córdoba, Granada B, Cádiz B, Sevilla B), Murcia (Cartagena, Real Murcia, UCAM, Yeclano), Estremadura (Mérida, Don Benito, Badajoz) e Castela A Mancha (Villarrobledo, Talavera, Villarrubia).
A pesar de que Galicia defendía na comisión unha repartición diferente (Galicia, Asturias, A Rioxa, Castela-León e Navarra), esta proposta non contou con respaldo, ante a unidade doutras federacións que estaban conformes coa división.
Esta decisión debe ser referendada agora pola asemblea da Real Federación Española de Fútbol, aínda que se trata dunha pura formalidade xa que o que se acorda na comisión mixta é cada ano a composición final da Segunda División B.
Relacionadas:
-
Lupe Murillo aos xogadores: "Quero que sexades un plantel de playoff e ascenso"
Por Manu Otero |
-
Os granates inician a liga o 25 de agosto en Pasarón contra o Coruxo
Por Manu Otero |
-
Álvaro Bustos queda en Pontevedra durante un ano máis
Por Sofía Lorenzo |
-
A composición do grupo I da Segunda B obriga ao Pontevedra a percorrer máis de 25.600 quilómetros
Por Manu Otero |
-
Un triangular ante Deportivo e Tenerife en Pasarón, prato forte da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A RFEF propón un grupo I de 2ªB no que o Pontevedra viaxaría a Melilla, Baleares e Canarias
Por Diego Espiño |
-
Pol Bueso, ansioso por vestir de granate: "Sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda"
Por Diego Espiño |