Aldara Vázquez, sexta xogadora confirmada para o próximo curso do Arxil
Por Manu Otero
O Arxil continua dando pasos na confección do seu persoal para a proxima tempada. Despois das fichaxes de Linnea Rosendal e Fooster e as renovacións de Carla Fernández, María Lago e Cristina Díaz- Pache; é Aldara Vázquez a que sela a súa continuidade para un ano máis no conxunto no que leva desde os cinco anos.
Aos seus 23 anos, Aldara Vázquez desenvólvese tanto como base ou escolta e, do mesmo xeito que o curso pasado, compaxinará as súas aparicións no primeiro equipo coa súa participación no filial. Na última tempada, a pontevedresa disputou 17 partidos co primeiro equipo, nos que destacou o seu acerto no tiro interior cunha media do 100 %. Con todo, a súa tarefa pendente segue a estar na liña de tres puntos, desde a que non anotou ningún dos dez lanzamentos que tentou.
O presidente do club, Lino Vázquez, non só destaca dela o seu compromiso co club no que creceu pasando por todas as categorías e co que se proclamou campioa galega en varias ocasións. O feito de compaxinar a práctica deportiva cos estudos primeiro e agora co seu traballo de fisioterapeuta. "Fan un esforzo que o club quere resaltar e agradecer", di o presidente sobre Vázquez e Díaz- Pache, que tamén exerce como fisioterapeuta.
Relacionadas:
-
O Arxil pecha o plantel coa fichaxe de Natalia López
Por Redacción |
-
Adriana Aparicio queda un ano máis no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil recibirá ao Celta Zorka no primeiro partido de liga
Por Manu Otero |
-
Noa Casalderrey amplía o seu contrato co Arxil
Por Redacción |
-
Marga Moreira firma unha tempada máis co Arxil
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arxil evita viaxar a Canarias e medirase a galegos, asturianos, vascos, rioxanos, leoneses e madrileños
Por Redacción |
-
A estadounidense Heather Forster, segunda incorporación do Arxil
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache, cuarta xogadora confirmada no Arxil
Por Redacción |
-
María Lago, oito tempadas no Arxil e a piques de comezar a novena
Por Sofía Lorenzo |
-
A aleiro sueca Linnea Rosendal, primeira fichaxe do Arxil
Por Redacción |