O Peixe Galego aposta polo ala pívot canario Jacobo Díaz

Por Redacción
O Peixe Galego asinou, este sábado, cunha nova aposta para a tempada en LEB Oro. O canario Jacobo Díaz comezará proximamente a traballar co cadro marinense.
A nova incorporación, de 206 centímetros de altura e 23 anos, chega a Marín despois de varios anos xogando en Estados Unidos. Este último ano na Indiana University of Pennsylvania, onde foi considerado un dos mellores xogadores da categoría.
Díaz empezou a súa actividade no baloncesto americano nos Crimson Hawks en 2015, onde conseguiu de media 18 puntos, 9'2 rebotes e 2'8 asistencias en 34 minutos de xogo. Así, logro abrirse camiño cara ao Equipo All-America pola Asociación de Adestradores e, ademais, ser elixido mellor xogador da súa conferencia.
Tras varios anos no panorama internacional, Jacobo Díaz chega ao Peixe Galego uníndose a Carlos Noguerol como novas incorporacións á escuadra pontevedresa.
Relacionadas:
-
O estadounidense Sounders reforza o xogo exterior do Peixe Galego
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego prepara o seu segundo curso en Ouro convencido de mellorar o anterior
Por Manu Otero |
-
Badmus renova co Peixe Galego para xogar a tempada en LEB Ouro
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixe Galego faise coa cesión do ourensán Rodrigo Seoane
Por Diego Espiño |
-
Orellano seguirá un ano máis no Peixe Galego
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixe Galego refórzase co pívot ourensán Álex Mazaira
Por Manu Otero |
-
A Raña volverá saborear a LEB Ouro o 4 de outubro coa visita do Cáceres
Por Manu Otero |
-
Carlos Noguerol é a primeira fichaxe do Peixe para a tempada en LEB Oro
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego ultima fichaxes e renovacións tras confirmar a súa presenza en LEB Ouro
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego inicia os trámites para xogar en LEB Ouro
Por Sofía Lorenzo |