Dinamarca cae ante Islandia e dá emoción ao grupo D do Mundial júnior de balonmán
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz
Conclúe o quinto día de competición do Mundial Júnior de balonmán. Nesta ocasión, enfrontáronse no Pavillón Municipal de Pontevedra os equipos correspondentes ao grupo D. Por unha banda, Chile e Argentina, seguidos por Islandia e Dinamarca, para terminar co envite entre Noruega e Alemania.
Despois de 60 minutos nos que destacou o equilibrio, Islandia terminou por gañar terreo e derrotar a Dinamarca, que, aínda que fixo unha mellor segunda parte (12-13 nos segundos 30 minutos), non conseguiu igualar o marcador e moito menos levar o partido (25-22).
Co mesmo resultado terminou o Chile-Arxentina, no que os primeiros, apoiados nun mellor xogo ofensivo que xeraba maior efectividade para portería, conseguiron terminar con vantaxe (25-22).
Finalmente, Alemaña impúxose con solvencia a Noruega, que se foi ao descanso catro goles por baixo, unha renda que só aumentou durante a segunda metade, ata acabar cun xx-xx a favor dos xermanos.
Doutra banda, no pavillón As Travesas Arena de Vigo, medíronse os cadros do grupo B: en primeiro lugar, Australia e Nigeria, seguidos por Egipto e Corea e, finalmente, ás 21:00 horas, Suecia e Francia.
Australia recibiu un duro correctivo por parte de Nigeria, que xa gañou unha vantaxe importante durante o primeiro tempo e que terminou por derrotar aos australianos por máis de dez goles (21-35).
Pola súa banda, Exipto gañou a Corea cun axustado 38-36 despois dun partido moi igualado no que, ao final, os exipcios conseguiron tirar dunha maior efectividade e levar, así, o partido.
Os Hispanos mediranse, este domingo nas mencionadas instalacións viguesas, a Japón. Será o último partido da xornada (21:00).
Relacionadas:
-
Portugal elimina a Alemaña na prórroga e Dinamarca sofre diante de Hungría
Por Manu Otero |
-
España cae ante Eslovenia e xogará os oitavos de final do Mundial Júnior de balonmán contra Francia
Por Redacción |
-
Croacia e Dinamarca avanzan a oitavos de final do Mundial Júnior de balonmán como primeiras de grupo
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
España, a polo liderado de grupo no Mundial Júnior de balonmán
Por Redacción |
-
Nenos e nenas de Pontevedra coñecen o "presente e futuro" do balonmán español
Por Redacción |
-
Dinamarca afianza o seu dominio cunha plácida vitoria sobre Arxentina no Municipal de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Croacia arrebata o liderado do grupo C a Brasil en Pontevedra na segunda xornada do mundial de balonmán
Por Manu Otero |
-
Sufrida vitoria de España sobre Tunes para asegurar o liderado
Por Manu Otero |