Definidos os cruzamentos e horarios dos oitavos de final do Mundial Júnior de Balonmán
Por Diego Espiño
Chega a hora da verdade no Campionato do Mundo Júnior de Balonmán que se está celebrando en Pontevedra e Vigo, e é que este mércores 24 de xullo comezan as eliminatorias polo título cos oitavos de final.
Tras finalizar o luns a rolda preliminar, a Federación Internacional de Balonmán reuniuse para elaborar o calendario de competición, repartindo os partidos entre as dúas sedes e fixando os horarios definitivos.
En Pontevedra terá lugar o encontro máis esperado dos oitavos de final, o que enfrontará á anfitrioa España coa poderosa Francia. Este choque xogarase no Pavillón Municipal dos Deportes a partir das 21:00 horas.
Ademais no Municipal pontevedrés poderanse ver as eliminatorias entre Dinamarca e Hungría (14:15 horas), o Noruega-Brasil (16:30 horas) e o Portugal-Alemaña (18:45 horas).
Pola súa banda en Vigo os oitavos de final serán o Exipto-Serbia (14:15 horas), Eslovenia- Korea (16:30 horas), Croacia-Islandia (18:45 horas) e Tunes-Suecia (21:00 horas).
A xornada comezará á primeira hora da mañá cos duelos para definir os postos 17 a 24 do campionato, en Pontevedra cos partidos Kósovo-Arxentina (9:45 horas) e Barhain-Chile (12:00) e en Vigo o EEUU-Australia (9:45 horas) e o Xapón-Nixeria (12:00 horas).
As entradas para presenciar as eliminatorias de oitavos de final do Mundial Júnior teñen un custo de 16 euros, os cuartos de final custarán 22 euros, as semifinais 27 euros e a xornada final 32 euros.
Relacionadas:
-
Rouban equipos de 30.000 e 50.000 euros a dous fotógrafos internacionais que cobren o Mundial de Balonmán
Por Natalia Puga |
-
España cae ante Eslovenia e xogará os oitavos de final do Mundial Júnior de balonmán contra Francia
Por Redacción |
-
Croacia e Dinamarca avanzan a oitavos de final do Mundial Júnior de balonmán como primeiras de grupo
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |