Salcedo rende culto por cuarto ano ao 'Mini BTT'
Por Redacción
A parroquia de Salcedo vivirá o vindeiro domingo 28 de xullo unha xornada de exaltación da bicicleta e o deporte de base coa cuarta edición da Mni BTT da Comunidade de Montes.
A proba deportiva, organizada polo Club Ciclista Farto coa colaboración do Concello, reunirá a 420 deportistas de entre 4 e 14 anos chegados desde diferentes puntos da xeografía galega.
"Queremos que este tipo de eventos sexan estratéxicos", sinalou na súa presentación o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, acompañado do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz, e de Francisco Lozano, monitor do Farto.
A actividade dará comezo ás 11:00 horas nos terreos que ocupaba o antigo campo de tiro da Brilat e prolongarase durante toda a mañá.