Tono Campos consegue o primeiro ouro para España no Europeo de Piragüismo Maratón
Por Sofía Lorenzo
A localidade francesa de Decize acolle estes días o Campionato Europeo de Piragüismo Maratón, polo que reuniu a unha gran multitude de deportistas procedentes de 21 países diferentes, entre os que, por suposto, tamén figuran padexeiros pontevedreses.
Despois da prata conseguida por Tono Campos, do Breogán do Grove, na carreira curta do xoves, o padexeiro logrou non só a súa segunda medalla da cita, senón a primeira de ouro para España na modalidade de canoa individual de categoría absoluta. O podio completárono o checo Brezina e o húngaro Laczo.
O venres fora a quenda das probas correspondentes ás categorías júnior e sub-23 (tanto kaiak como canoa), na que tomou parte Joaquín Iglesias, do Verducido, xunto a Alejandro Moreno. Cunha marca de 01:35:53.29, conseguiron unha segunda prata por detrás dos daneses Pedersen e Runholm. Sumando, así, a quinta medalla española na competición.
O sábado, pola súa banda, desenvolvéronse as probas absolutas individuais, nas que colleu a testemuña Jenifer Casal e Tono Campos, que conseguiu o mencionado ouro, ambos na modalidade de canoa. Ao redor das 9:00 horas, comezou a carreira correspondente a C1, na que Casal non conseguiu subirse ao podio, finalizando en sexta posición, seguida pola tamén española Cristina San Juan. A gañadora da mesma foi a ucraína Babak.
Este domingo a competición chegará ao seu fin coas probas dobres, onde competirán Óscar Graña xunto a Jose Sánchez, do Kayak Tudense, Campos e Diego Romero, ademais de Tania Álvarez, do Breogán, xunto á lucense Tania Fernández, en K2.
Consulta os resultados do Europeo de Piragüismo Maratón 2019.
Relacionadas:
-
Os arousáns Diego Romero e Tono Campos asinan o primeiro dobrete para España no mundial de maratón
Por Manu Otero |
-
A expedición pontevedresa e arousá xa está en China para o mundial de piragüismo maratón
Por Manu Otero |
-
Tres novas medallas na última xornada do Europeo de Piragüismo Maratón
Por Sofía Lorenzo |
-
O pontevedrés Joaquín Iglesias consegue a prata no K-2 júnior do Europeo de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
Tono Campos inicia o Europeo de Piragüismo Maratón cunha medalla de prata na carreira curta
Por Redacción |