Máis de 400 nenos pedalean na IV Mini BTT de Salcedo
Por Redacción & Diego Torrado
O antigo campo de tiro da Brilat acolleu, este domingo, a IV edición da Mini BTT, unha proba xa consolidada no calendario deportivo de Salcedo.
Nesta ocasión, máis de 400 nenos de toda Galicia de entre 4 e 14 anos acudiron á cita organizada polo Club Ciclista Farto coa colaboración da Comunidade de Montes da parroquia pontevedresa.
A actividade comezou ao redor das 11:00 horas coa proba de categoría Promesas feminina. Unha vez terminada, desenvolvéronse as correspondentes co grupo Principiante feminino, Infantil feminino, Infantil masculino, Benxamin feminino, Benxamin masculino, Alevín feminino, Promesas B, Promesas A, Principiantes B, Principiantes A, Alevín B e, finalmente, Alevín A. O desenvolvemento de toda a competición, tendo en conta o rango de idade dos ciclistas, alongouse ata ao redor das 15:00 horas.
Os participantes tiveron que pedalear ao longo dun circuíto de montaña pechado, ademais de cumprir uns tempos e quilómetros determinados estipulados pola Federación Galega de Ciclismo.
A elevada participación na cita propiciou, tamén, a afluencia dunha gran cantidade de público, que, interesado na proba, asistiu a tomar parte desde fóra do percorrido.
Relacionadas:
-
Volve este domingo a mini BTT de Salcedo con 400 prometedores ciclistas
Por Redacción |
-
O Club Ciclista Farto, a dar un paso adiante na tempada 2020
Por Redacción |
-
Marín pedalea para sensibilizar das enfermidades intestinais e persoas ostomizadas
Por Redacción |
-
Salcedo rende culto por cuarto ano ao 'Mini BTT'
Por Redacción |
-
Jorge Punzón e Irene Trabazo, vencedores do XI Open BTT Concello de Poio
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Punta Cabicastro, parada por quinto ano do circuíto galego de ciclismo BTT
Por Redacción |
-
A Oktoberbike Campelo de BTT conta as horas para a súa terceira edición
Por Redacción |
-
A Epic Race Pontevedra de BTT crece na súa terceira edición
Por Redacción |