A Subida a Ponte Caldelas chega á súa cuarta edición consolidada no calendario
Por Redacción
Os motores volverá ruxir a próxima fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de agosto, en Ponte Caldelas coa cuarta edición da súa subida automobilística.
Máis de 60 pilotos daranse cita na proba, consolidada no calendario galego de montaña e que se volve a celebrar na estrada de Rebordelo polas obras que se están levando a cabo en Laxoso.
Desta forma, do mesmo xeito que a pasada edición, a saída estará situada na estrada autonómica PO-244, sentido Soutomaior, para continuar pola PO-103, dirección Rebordelo nun trazado de 3,8 quilómetros.
Será un pouco inferior nesta ocasión, co fin de finalizar a proba nunha recta e non en tramo curvo. Un percorrido que combina curvas pechadas con outras rápidas e que contará cunha 'chicane' na recta de Rebordelo coa intención de potenciar o espectáculo e reducir a velocidade dos coches.
A organización, que presentou a IV Subida a Ponte Caldelas cun coloquio entre pilotos, espera unha gran afluencia de público durante as dúas xornadas de competición. A primeira delas dará comezo ás 15:30 horas do sábado cunha pasada de adestramentos e dúas mangas oficiais cronometradas, mentres que o domingo a acción iniciarase ás 9:30 cos adestramentos previos aos dúas últimas mangas.
Como novidade, o CEIP Manuel Cordo Boullosa será o espazo onde terán lugar as verificacións administrativas e técnicas dos competidores antes de dirixirse ao parque pechado instalado na Alameda.
Segundo informou o Concello, cortarase o tráfico entre a rotonda de Pazos e saída da estrada vella do Balneario. Ademais o cruzamento do Balneario será de dobre sentido co fin de garantir a entrada no pobo ao longo dos días da competición.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas quenta os motores da dúa Subida máis numerosa
Por Redacción |
-
A Subida a Pontevedra repite percorrido pola beira do Almofrei
Por Manu Otero |
-
Alexis Viéitez consegue un novo coche e apunta á Subida A Pontenova
Por Diego Espiño |
-
O motor galego únese en apoio de Alexis Viéitez tras o incendio dos seus coches de competición
Por Diego Espiño |
-
Alexis Viéitez non dá opción aos seus rivais ao vencer nas dúas mangas finais da Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción & Diego Torrado |