"No tenemos el equipo al 100%, hay que tener paciencia", asegura Luismi ante os resultados da pretempada
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol enfróntase á fase que quizais sexa máis esixente da súa pretempada, co triangular este mércores en Pasarón ante dous equipos de Segunda como Deportivo e Tenerife e o duelo do xoves en Portonovo contra o Real Madrid Castilla.
Os granates, que se estrearon con bo pé ao vencer no Trofeo Luís Otero, non deron continuidade a esa imaxe nas seguintes citas, os triangulares do Carneiro ao Espeto e do Praíña, citas nas que só anotaron un gol e desde o punto de penalti.
Esta situación con todo non preocupa a Luismi, que relativiza o acontecido ante as baixas que tivo o equipo, como as do dianteiro Adibe ou o central Pol Bueso, entre outros. "No tenemos el equipo al 100%, hay que tener paciencia", defende o técnico.
O preparador pontevedrés mantén que "no hay que darle mayor importancia a los resultados, de hecho la pretemporada pasada ganamos practicamente todo y el inicio de liga fue irregular".
A dobre cita destes días servirá para profundar máis nesa sensación de falta de gol ou para despexar incógnitas. A primeira delas será o Triangular Cidade de Pontevedra en Pasarón, que comezará este mércores 31 ás 20:00 horas co duelo de 45 minutos entre Pontevedra e Tenerife para seguir co Deportivo-Tenerife (21:00 horas) e concluír co Pontevedra-Deportivo (22:00 horas). Neste torneo, avanza Luismi, podería debutar un das fichaxes deste verán, o dianteiro Adibe, ausente ata agora por molestias nun xeonllo.
Un día despois, o xoves 1 de agosto (19:00 horas) Portonovo será escenario do partido benéfico entre os granates e un rival da súa liga como é o filial do Real Madrid.
Serán dous compromisos amigables nos que o obxectivo é "seguir cogiendo ritmo de competición y sobre todo ir incrementando el reparto de minutos", sinalou o técnico.
En canto a se o plantel está pechado ou non e a posibilidade de que aínda chegue algún reforzo, Luismi sinalou que "no descartamos nada pero tampoco nos vamos a precipitar ni a volver locos", tras recoñecer que na parcela defensiva atópanse xustos de efectivos. Ademais o centro do campo aparece como outra das zonas que podería decidir reforzar a dirección deportiva.
Relacionadas:
-
O Pontevedra agarda pechar un mediocentro antes do primeiro partido de liga
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra afina puntería á conta do Juvenil Ponteareas (0-3)
Por Redacción |
-
O Pontevedra recupera a Javi Pazos, Javi López, Pol Bueso, Álvaro Bustos e Romay
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra perde a Álex González por lesión
Por Manu Otero |
-
Un Pontevedra sen pólvora non pode nin co Estradense nin co UD Ourense
Por Sofía Lorenzo |
-
O Pontevedra non gaña ningún cruce do Carneiro ó Espeto e o Celta B consegue o trofeo
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O trofeo Luís Otero queda na casa tras a vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Racing de Ferrol (1-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra fai oficial a saída dos irmáns Barbeito, Iñaki e Pacheco ao Rápido de Bouzas
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra preséntase ante os seus afeccionados como "un equipo ambicioso"
Por Diego Espiño & Diego Torrado |