O Arxil xogará un mínimo de cinco partidos amigables antes de comezar a liga
Por Redacción
O Arxil xa ten perfilado o seu calendario de pretemporada. As xogadoras de Mayte Méndez xogarán polo menos cinco partidos amigables antes de comezar a liga o 5 de outubro contra o Celta no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
O primeiro encontro terá lugar o sábado 14 de setembro ás 12.30 horas na cancha lerezana e enfrontará ás verdes co Olivals da Liga Feminina. Cinco días máis tarde mediranse no Grove, nos cuartos de final da Copa Galicia, ao Cortegada. Se gañan xogarían ao día seguinte contra o Baxi Ferrol ou Celta Zorka e se seguen avanzando disputarían a final en día 21 ante o Ensino de Lugo en cancha meca.
Con todo, se o cadro pontevedrés cae en primeira rolda só xogaría un partido máis contra o vencido do cruzamento que enfronta a viguesas e ferrolás.
O último partido da pretemporada para o Arxil terá lugar o 29 de setembro na localidade portuguesa de Coimbra contra o equipo local nun partido que servirá de presentación oficial para a escuadra lusa.
O presidente do equipo pontevedrés non descarta que a lista de encontros non oficiais amplíese nas próximas semanas. Ademais os equipos Júnior e Cadete empezarán os adestramentos o vindeiro luns.