El PTV Handstrand remata quinto no Campionato de España de balonmano praia
Por Almu Dapena
O PTV Handstrand iniciou a súa participación no Campionato de España con moitas dúbidas. Parte dos seus integrantes tiñan compromisos cos seus clubs e non podían acudir á cita que se celebrou en Alicante durante a fin de semana.
O primeiro partido da primeira fase disputárono o venres pola mañá. Despois dunha mala primeira parte na que cederon o set aos Dummies, na segunda mostraron o seu nivel e lograron o empate, forzando así a quenda de 'shoot outs' e levándose a vitoria.
Esa mesma tarde esperáballes na pista central o bicampión de Europa, o CBP Pinturas Andalucía Sevilla, que acabaría coroándose campión de España. O primeiro set resolveuse a favor dos andaluces cun marcador moi apertado, pero o segundo o gañaron os de Pontevedra forzando, unha vez máis, a quenda de 'shoot outs'. Finalmente e grazas á experiencia en partidos de tanta presión, os andaluces levaron o partido por un penalti de diferenza.
Para pechar a primeira fase, o PTV gañou aos gaditanos por 2-0 no último partido de grupos outorgándose así o segundo posto da clasificación.
Na segunda fase, o conxunto galego xogouse o pase contra o BMP Roquetas, partido que tiñan que superar para poder alcanzar os oitavos de final da competición. Unha vez máis, o encontro decantouse nos 'shoot outs' a favor dos de Pontevedra despois dunha gran actuación dos porteiros Juan José Novás e Pablo González.
Tras clasificarse para os oitavos de final, o PTV derrotou ao BMP Rayito Salinero por 2-0 certificando un ano máis entrar no top oito do balonmán praia nacional, obxectivo principal dos pontevedreses.
Xa liberados da presión, o conxunto galego enfrontouse ao sete veces gañador BMP Ciudad de Málaga. O primeiro set estivo moi disputado pero finalmente decantouse para os malagueños. No segundo, tras un cambio na táctica ofensiva, os de Pontevedra xogaron a un maior nivel logrando gañar o set no gol de ouro e forzando os 'shoot outs' que finalmente caeron ao lado andaluz afastando aos galegos de alcanzar as semifinais do campionato de España.
Desta forma, o PTV Handstand acabou quinto en la clasificación do Campionato de España de balonmano praia, logrando alcanzar os cuartos de final de forma consecutiva nos últimos tres anos.