Dobre cita esta fin de semana para o Froiz
Por Almu Dapena
O Super Froiz ten dúas citas esta fin de semana.
Por unha banda, os sub-23 desprazaranse a Palencia para disputar a Volta a Palencia, que regresa ao calendario tras dous anos sen celebrarse. O desafío amateur terá lugar do día 9 ao 12 de agosto e conta con 5 etapas con alto nivel de dureza sendo a etapa reina o domingo 11 con saída en Salina de Pisuerga e meta na cima Golobar, a 1800 metros de altitude.
Nesta etapa competirán os sub-23: Aitor Bugarín, Adrián Barros, Abel Franco, Carlos Amil, Guillermo García e Jesús Pociña.
Na segunda cita da fin de semana, que comeza o sábado 10 en Asturias, o Froiz subirá ao alto do Naranco. Dita etapa arrinca na Tenderina e ten un percorrido de 142 quilómetros. O domingo, o conxunto ciclista percorrerá 143 quilómetros desde o Río Dobra e Argüelles.
En terras asturianas tomarán a liña de saída: Jorge Suárez, Roi Domínguez, Aaron Mariño, Martín Lestido, Diego Noriega, Marcos Navarrete e Jesús Arozamena.
A diferenza do ano pasado, non se subirá o alto do Angliru.