Sorteado o calendario de Primera Galicia
Por Redacción
A Federación Galega de Fútbol sorteou este xoves o calendario da categoría Primeira Galicia que comezará o 8 de setembro con nove equipos da comarca de Pontevedra e Arousa.
A primeira xornada de competición deparou un atractivo encontro entre o Amencer do Grove e o Marcón. Ademais, o Moraña recibirá ao Zacande e o Unión Grove visitará ao A Guía e o Campo Lameiro ao Candeán. Así mesmo, a primeira xornada chega con encontros de rivalidade pola proximidade xeográfica como o Arcade contra o Umia ou o Atlético Cuntis contra o Unión Dena.
Podes consultar o calendario completo aquí.