Os cambios na Copa Galicia trastocan os plans do Arxil
Por Redacción
A Copa Galicia de baloncesto feminino cambia de sede e de formato. Nun principio íase a celebrar no Grove entre o 18 e o 20 de setembro, pero finalmente comezará o 10 de setembro, en formato liguiña de todos contra todos e sen unha sede única. O gañador da fase de grupos enfrontarase na final ao Ensino de Lugo de Liga Feminina 1.
O Arxil debutará contra o Baxi Ferrol o día 10 no CGTD, o día 14 recibirá ao Celta Zorka e, finalmente, visitará ao Cortegada o día 18. Se conclúen en primeira posición xogarán a final o día 21 en Ferrol.
Con estas modificacións, os plans do cadro pontevedrés para a pretemporada quedan trastocados e, en función da súa andaina no torneo autonómico, concertarán encontros amigables con outros equipos.
O club, que comezará a pretemporada o 2 de setembro, acaba de lanzar unha campaña para captar patrocinadores. Baixo o lema Obxectivo 10.000 euros, o club que preside Liño Vázquez espera reunir os fondos necesarios para sufragar os desprazamentos a País Vasco e Madrid.
Relacionadas:
-
O Arxil volve á carga tras as vacacións
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Arxil reestrutura a súa pretemporada tras os cambios na Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil xogará un mínimo de cinco partidos amigables antes de comezar a liga
Por Redacción |
-
O Arxil pecha o plantel coa fichaxe de Natalia López
Por Redacción |
-
O Arxil recibirá ao Celta Zorka no primeiro partido de liga
Por Manu Otero |