O Bádminton Ravachol pecha o seu plantel coa fichaxe de Gabriel Fernández
Por Redacción
O Bádminton Ravachol pecha o seu plantel coa incorporación do vigués Gabriel Fernández, que chega ao equipo pontevedrés procedente de Club de Mar da Coruña en calidade de cedido.
A falta dunhas horas para o peche do prazo de inscrición de xogadores, o cadro pontevedrés puido facerse cos servizos dun habitual das convocatorias da selección española, bolseiro no Centro Galego de Tenificación Deportiva e cunha ampla colección de medallas conseguidas en campionatos de España.
Fernández está afeito compartir pista de adestramento con Manuel Brea ou Ana Carbón, pero este ano compartirá tamén escudo con eles. "O plantel deste ano é mais amplo e de moitísima calidade. Coa base da tempada anterior e con incorporacións que nos van a fortalecer esperamos volver loitar na zona alta", afirma o director deportivo do club, Jesús Pereiro.
O Bádminton Ravachol debutará este ano en Primeira Nacional os días 5 e 6 de outubro en Granollers, onde se enfrontará ao CB Selecta, ao Universidade de Valladolid e ao CB Oviedo.
O plantel feminino intégrano Ana Carbón, Raquel Miguens, Noelia Gestoso, Amaia Torralba, Natalia Murio e María Torres, mentres que a masculina está formada por Manuel Brea, Alejandro Nogueira, Miguel Sanluis, Miguel Serrano, Pablo Sanmartín e o propio Gabriel Fernández.
Relacionadas:
-
O trofeo Cidade de Pontevedra reúne no CGTD un centenar de xogadores de bádminton
Por Manu Otero |
-
Dúas vitorias e unha derrota na estrea da tempada do Bádminton Pontevedra na Primeira Nacional
Por Redacción |
-
Éxito do Bádminton Pontevedra en Collado Villalva e As Neves
Por Redacción |
-
Pablo Sanmartín e Miguel Serrano, novas fichaxes do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol renova a Miguel Sanluis e ficha a Amaia Torralba
Por Redacción |
-
Raquel Miguens e Noelia Gestoso tamén renovan co Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol ata a continuidade de Ana Carbón
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol comeza coas renovacións no seu equipo de Primeira Nacional
Por Redacción |