O Pontevedra recibirá en Pasarón a Deportivo, Lugo e Coruxo durante a pretempada
Por Diego Espiño
A pretempada do Pontevedra Club de Fútbol toma forma despois de que a entidade granate confirmase oito encontros amigables para os meses de xullo e agosto.
Polo momento só tres destes encontros xogaranse en Pasarón, aínda que serán os que enfronten ao equipo de Nando con rivais de maior entidade: Real Club Deportivo (28 de xullo), Club Deportivo Lugo (6 de agosto) e Coruxo Fútbol Club (17 de agosto).
Antes desta datas os granates estrearanse na Estrada o sábado 27 de xullo ante o Agrupación Estudantil. O resto de partidos enfrontaranos, tamén fóra da cidade de Lérez, a Xuventude Sanxenxo (3 de agosto), Ribadumia (10 de agosto), Marín (11 de agosto) e Gondomar (15 de agosto).
CABAZAS AO TRIANGULAR PRAIÿA
Onde non acudirá finalmente o Pontevedra é ao Triangular Praiña Sporting Club, onde ía xogar ante o Club Deportivo Ourense e Club Deportivo Boiro, a pesar de comprometerse a iso.
O director deportivo dos granates, Milo Abelleira, chamou a última hora deste mércores á directiva do club de Vea para explicarlles que o único que podían ofrecer era acudir co filial toda vez que a data, 28 de xullo, é a mesma que o Deportivo tiña dispoñible para visitar Pasarón.
O Praiña non aceptou os cambios, cancelando o Pontevedra a súa participación nun evento no que estivera presente os dous últimos veráns. Agora o club organizador, ante os problemas que lles ocasionou esta decisión, busca un substituto de nivel similar aos granates para evitar que tamén se boten atrás Ourense e Boiro.