O Teucro derrota á Cañiza na primeira rolda de Copa Galicia
Por Manu Otero
O Teucro iniciou este martes a súa andaina na Copa Galicia co encontro de oitavos de final contra o Balonmán A Cañiza, ao que superou con claridade por 26 a 35. Iván Rodríguez, con oito tantos, foi o máximo anotador do cadro pontevedrés que se enfrontará ao gañador do duelo entre o OAR Coruña e o Embutidos Lalinenses en cuartos de final.
Desde o primeiro momento do partido o Teucro soubo impoñer a superioridade que se lle presupoñía por xogar nunha categoría superior. Os azuis levaron o ritmo do partido e xa no descanso, ao que chegaron cunha vantaxe de 6 goles (11-17), deixaron a eliminatoria encarrilada.
A pesar da contundencia do resultado, o adestrador teucrista, Luís Montes, declarou que "era un partido complicado no físico, viñamos con moita carga. Aínda así soubemos sacar o partido adiante. Con momentos bos e outro non tantos, como é lóxico en pretemporada". Con todo, o técnico aínda espera que o equipo siga mellorando nos próximos partidos e adestramentos para chegar ao comezo de liga nas mellores condicións. "Queda moito traballo por facer pero en liñas xerais estou contento co traballo do equipo", rematou Montes.
Relacionadas:
-
O Teucro elimina ao Embutidos Lalinenses e se verá co Cisne nas semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Teucro volve gañar ao Xiria nun amistoso (25-37)
Por Redacción |
-
Malleira física e relaxación no balneario para o Teucro en Cuntis
Por Redacción |
-
O Teucro gaña os dous cruces do Triangular Peregrina e consegue o trofeo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Teucro presenta a nova equipación para esta temporada
Por Almu Dapena |
-
Balonmán Cangas exhibe xerarquía na estrea dun digno Teucro (28-23)
Por Redacción |
-
O Teucro vai polos 1.500 socios para a próxima tempada
Por Manu Otero |
-
O Teucro deseña unha pretempada con cinco partidos amigables
Por Redacción |