O Pontevedra agarda pechar un mediocentro antes do primeiro partido de liga
Por Manu Otero
A falta dunha semana para o inicio de liga, nas oficinas do Pontevedra trabállase sen descanso na procura dun reforzo para o centro do campo que poña o broche de ouro a un plantel que xa está preparada e en plenas condicións físicas para empezar a competir.
O adestrador do conxunto granate, Luismi Areda, confesou este mércores que "pode ser que as incorporacións estean para o primeiro partido". Sen poder desvelar nada para non frustrar as negociacións, o preparador recoñece que o club está a traballar niso pero "trátase de non precipitarse e cando esteamos seguros de quen queremos, estará aquí". Tamén admitiu que, dado que o club ten ocupadas todas as fichas sénior, "se vén alguén, un terá que quedar sen ficha".
Á hora de explicar como evolucionan os xogadores lesionados das súas doenzas foi moito máis claro. Pol Bueso xa está recuperado e este xoves disputará os seus primeiros minutos coa camiseta granate. "Contabamos con que a recuperación fose mellor, pero non queriamos correr riscos. Queriamos que estivese para a primeira semana de liga e se había quer esperar un pouquiño máis se esperaba", recoñeceu o adestrador.
Outro que xa deixou atrás a lesión que o mantivo apartado dos terreos de xogo durante sete meses é Javi López. "Xa disputou minutos no último partido e esta fin de semana volverá disputalos. As sensacións son boas pero hai que ser cautos". Tamén Pedro Vázquez, despois da súa intervención de apendicitis, está a volver a entrar na dinámica do grupo. Este mércores completou parte da sesión xunto aos seus compañeiros e Luismi confía en que "para a próxima semana poida participar ao 100 %".
Só Álex González, recentemente operado da rotura sufrida na súa boneca, quedará fóra da primeira convocatoria de Luismi por lesión. "Só queda unha semana e xa estamos a nos poñer a punto para empezar da mellor maneira posible. Estamos con ilusion e ganas de que empezo xa", rematou o adestrador do Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pegada e bo fútbol do Pontevedra para golear ao Arosa (0-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cumpre o expediente sen alardes o Pontevedra en Vilalonga (1-2)
Por Redacción |
-
Afina a posta a punto o Pontevedra mellorando a súa imaxe fronte ao Mondariz (0-3)
Por Redacción |
-
O Pontevedra recupera a Javi Pazos, Javi López, Pol Bueso, Álvaro Bustos e Romay
Por Manu Otero |
-
"No tenemos el equipo al 100%, hay que tener paciencia", asegura Luismi ante os resultados da pretempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra preséntase ante os seus afeccionados como "un equipo ambicioso"
Por Diego Espiño & Diego Torrado |