O Pontevedra quere tinguir A Malata de granate
Por Manu Otero
O Pontevedra comezou a preparar este luns o seu segundo partido de liga. Desde o máis alto da táboa clasificatoria, despois de derrotar ao Coruxo en Pasarón na estrea ligueira, os granates mediranse o vindeiro sábado na Malata ao Racing de Ferrol. O club quere dar continuidade á boa sintonía xerada entre equipo e bancada coa organización dunha viaxe para afeccionados á cidade departamental.
O prezo por persoa é de 20 euros e inclúe transporte de ida e volta en autobús e a entrada ao estadio. Os interesados poden pasar polas oficinas do club no estadio de Pasarón para reservar a súa praza.
LÍDERES
Tras a disputa da primeira xornada de competición, o Pontevedra sitúase no máis alto da táboa clasificatoria empatado co San Sebastián de los Reyes. Ambos os conxuntos derrotaron aos seus rivais, Coruxo e Racing de Ferrol, por dous goles a cero. Só Peña Deportiva e As Palmas Atlético conseguiron anotar máis goles, pero ao encaixar 3 e 2 goles respectivamente teñen un saldo inferior ao dos granates e madrileños, que foron capaces de deixar a súa portería a cero. No extremo oposto da clasificación atópase o Racing, que é o primeiro pechacancelas da competición.
Relacionadas:
-
Dous autobuses acompañarán o Pontevedra no derbi fronte ao Racing
Por Almu Dapena |
-
Álex González acurta os prazos e reaparecerá na Malata
Por Manu Otero |
-
A páxina de Wikipedia do Pontevedra, alterada con mensaxes ofensivas cara o club e a súa afección
Por Manu Otero |
-
A vitoria do Pontevedra diante do Coruxo (2-0) no seu debut ligueiro dispara o optimismo
Por Manu Otero & Diego Torrado |
-
Luismi agarda que Pasarón siga sendo o fortín do curso pasado no debut fronte ao Coruxo
Por Manu Otero |