Aarón González continúa a súa preparación física na Línea de la Concepción
Por Redacción
Aarón González, deportista do Team Thunder, continúa a súa preparación física durante as semanas de verán. Con todo, estes días atópase no municipio gaditano da Línea de la Concepción, onde, este mércores, foi recibido por diferentes autoridades do lugar no ximnasio Don Príncipe.
Ao mesmo tempo que o marinense segue a súa rutina de adestramentos no centro linense, tamén tomou o papel de técnico. Os veciños da zona acoden, durante estes días, ás clases que imparte o mesmo en dobre sesión cada xornada. O boxeador xa ten experiencia neste campo, posto que leva anos co rol de profesor.
Ademais, este mércores, o alcalde da Linea de la Concepción, xunto con outras personalidades, acudiron ás instalacións deportivas para visitar ao galego. Este destacou "la importancia de tener un boxeador de la talla de Aarón", así como de "ver cómo cada vez más personas se inician en esta disciplina, cambiando el concepto que se tenía de ésta años atrás".
Relacionadas:
-
Amancio Martínez, do Team Thunder, ao campionato de España de categoría xuvenil
Por Manu Otero |
-
Aarón González convence no seu salto ao peso medio
Por Redacción |
-
RADIO.- Fóra supersticiones, eles son 'Trece Amarillo'
Por Marisa Ciordia |
-
Aarón González retoma a competición cunha concentración en Andalucía
Por Redacción |
-
O pregón de Aarón González dá o pistoletazo de saída ás Festas do Carme
Por Redacción |
-
Zaira Corchero e Aarón González poñen as súas miras no Campionato de España Elite de Boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González regresa á Selección Española de boxeo
Por Redacción |