Máis de 160 nadadores competirán na Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Almu Dapena
Máis de 160 nadadores e nadadores de sete países, disputarán o próximo 7 de setembro a segunda proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas, competición formada por tres probas nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa onde os deportistas teñen que enfrontarse a longas distancias e temperaturas duns 13 graos.
Despois dunha primeira edición transcorrida nos veráns de 2015, 2016 e 2017, para esta segunda, os participantes farán un percorrido de 19 quilómetros pasando pola Illa de Sálvora ata a praia de Confín, no Grove, para despois ir polo illote de Areoso na Illa de Arousa.
Esta segunda proba realizarase no contexto do Parque Nacional das Illas Atlánticas, declarado como Área de Rehabilitación Integral pola Xunta no principio do ano reforzando a aposta polo patrimonio natural e a protección das Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
Durante a presentación do evento, celebrado durante a mañá deste luns no Grove, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asegurou que con esta segunda edición, a Tripla Coroa "afiánzase unha das probas máis duras de toda España e, sen dúbida, a que conta coa contorna máis fermosa de todo o mundo".
A última travesía deste segundo ciclo, será en 2020 con saída desde a Illa de Ons ata Combarro. Cun percorrido de máis de 23 quilómetros, será unha das competicións a nado máis longas de España.
Relacionadas:
-
Aprazada a 2021 a travesía a nado entre Ons e Combarro polo coronavirus
Por Redacción |
-
Dezaseis quilómetros a nado para recadar fondos para a ELA
Por Almu Dapena |
-
O vento obriga a recortar a travesía a nado entre Sálvora e O Grove: Kimbo Vallejo e Andrea de las Heras, gañadores
Por Redacción |
-
Unha travesía a nado entre Sálvora e O Grove será a segunda cita da Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Redacción |
-
Hugo Ribeiro e Rebeca Santos, vencedores da travesía a nado entre Sálvora e Vilagarcía
Por Redacción |