Os ascensos despexan o camiño do Pontevedra na Terceira División
Por Diego Espiño
Tres dos principais rivais do Pontevedra Club de Fútbol durante a pasada tempada lograron materializar o seu ascenso a Segunda B, despexando de paso o camiño dos granates para o próximo curso.
Con Racing de Ferrol, Celta B e Compotela fora da loita, o principal rival do equipo de Nando debería ser, a priori, o Deportivo B, que quedou ás portas de subir de categoría tras perder no último encontro da terceira eliminatoria ante El Palo.
Non obstante os granates non deberían perder de vista a equipos como o Cerceda, que a pesar de non estar nos postos altos na última liga, intentará recuperar o seu lugar entre os catro primeiros, uns postos que parecen máis abertos que nunca para que equipos con menos aspiracións poidan pelexar por entrar no play-off, tal e como pasou anos atrás con clubs como o Racing Villalbés ou Alondras.
Ata sete equipos soben esta tempada dende a Rexional Preferente
Mesmo os recén ascendidos buscarán a sorpresa na súa estrea ou volta á categoría. ÿ o caso do Arosa adestrado por Piscis ou do Club Deportivo Boiro, equipo que busca ser a revelación apostando forte na confección do seu plantel.
Entre os novos conxuntos encóntranse tamén, grazas aos ascensos de Compostela e Celta B, o Bertamiráns e o Laracha, que se unen a Arosa, despois de subir o Racing de Ferrol, e aos ascendidos de xeito directo Cultural Areas, Choco, Grixoa e o xa citado Boiro.
Con todos estes cambios, o grupo galego da Terceira División queda composto do seguinte xeito: Pontevedra CF, Deportivo B, As Pontes, ÿrdenes, Rápido de Bouzas, Alondras, Racing Villalbés, Cerceda, Somozas, Betanzos, Barbadás, Negreira, Dorneda, Boiro, Grixoa, Cultural Areas, Arosa, Choco, Bertamiráns e Laracha.
PRIMEIRO ADESTRAMENTO O 18 DE XULLO
Ante este panorama o Pontevedra Club de Fútbol 2013/2014 adestrado por Nando comezará o camiño cara á primeira praza, reto asumido polo propio adestrador o día da súa presentación, o próximo 18 de xullo, data fixada para o inicio dos adestramentos.
Polo momento o club granate confirmou oito encontros amigables, entre os que se encontran a visita a Pasarón de Deportivo, Lugo ou Coruxo.