Setenta xogadores afeccionados poñerán a proba o seu xogo no Campionato Nacional de Golf Acreca
Por Redacción
Máis de setenta xogadores de golf procedentes de toda España poñerán a proba as súas habilidade para o golf na trixésima edición do campionato nacional Acreca, que se disputará no campo de Meis durante os días 11, 12 e 13 de setembro. O evento, organizado pola Agrupación de Traballadores de Abanca e a Federación de Asociacións Culturais e Recreativas de Empregados de Caixas de Aforros ( Acreca) e patrocinado pola Concellería de Deportes de Pontevedra, conta coa participación de once grupos empresariais.
Ademais de partidos de golf, o campionato incluirá a celebración de diversas actividades para xogadores e acompañantes. A competición realizarase baixo as seguintes modalidades: parellas fourball, copa Canadá e individual Stableford. O cadro de honra final recollerá aos vencedores nas categorías individual, scratch, parellas e por equipos. Tamén se premiará o drive máis longo, a bóla máis próxima ao buraco e o drive máis longo ao foxo.