O vento obriga a recortar a travesía a nado entre Sálvora e O Grove: Kimbo Vallejo e Andrea de las Heras, gañadores
Por Redacción
A ría de Arousa acolleu, este sábado, a segunda proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas. Nesta ocasión, debido ás fortes rachas de vento de 30 km/h, os nadadores que pasaron a primeira rolda, disputada o pasado ano entre as Cíes e Baiona, percorreron un total de 12 quilómetros entre Sálvora e O Grove.
Fue un traxecto alternativo ao de 19 kilómetros previsto para a mesma. Aínda así, un reto apto só para valentes, que se puxo en marcha ás 7:30 da mañá, cando os rexistrados embarcaron rumbo á illa arousá e, posteriormente, ás 9:00, cando soou o pistoletazo de saída.
Os participantes, que este ano chegaron aos 141, procedían de diferentes lugares de España, así como de Arxentina, Portugal, Italia, México e Australia. Unicamente os que forann capaces de manter o ritmo, fixado en non menos de tres quilómetros por hora, puideron tomar parte na esperada e dura cita.
Isto comprobouse durante o transcurso da mesma. Ao longo do traxecto dispuxéronse catro boias de control (cada tres quilómetros) nas que todos aqueles que quedasen atrás serían recolleitos por unha embarcación que os levaría ao punto de chegada.
Os deportistas foron divididos en cinco grupos, respecto ás súas condicións físicas e resistencia na auga, para tomar parte na competición e levar, así, un control máis adecuado dos tempos e, sobre todo, pola seguridade dos nadadores nun reto que require tanto aguante.
Nesta edición, bateuse un récord de participación no referente ás inscripcións femininas. Un total de 18 mulleres percorreron os 12.000 metros e chegaron á liña de meta. En primeiro lugar, Andrea de la Hera, despois de nadar durante 02:57:49. Tras dela, completaron o podio Patricia Agüera (03:25:47) e María Fernández (03:31:17).
No grupo masculino, o primeiro en pisar terra foi Juan Carlos Vallejo 'Kimbo', cun tempo de 02:53:49. A continuación, chegaron Alberto Taboada (02:55:13) e Manuel Regueiro (02:57:57).
Vento, correntes e ondada foron algúns dos elementos adversos aos que tiveron que enfrontarse os participantes na travesía, que destacaron o bo nivel de organización da proba. Os nadadores resaltaron a dureza do tramo comprendido na canle da illa da Toxa e a saída da praia de Confín ata o faro de Lobeira de Cambados.
O nadador máis novo, Álvaro Ruiz Tabas (18 anos), finalizou no posto 65 e o máis veterano, Manuel Antonio Rodríguez Yáñez (71 anos) no 130.