A Gimnástica de Pontevedra comeza a preparación da nova tempada
Por Almu Dapena
Os atletas da Sociedade Gimnástica de Pontevedra comezaron este martes a pretemporada no CGTD de Pontevedra.
Ata o mes de decembro, atletas e adestradores prepararán a próxima tempada con exercicios de fortalecemento, ximnasio e resistencia para poder afrontar os novos retos que se expoñan para o novo ano.
A nivel individual, os obxectivos que van buscar os atletas do club son mellorar as súas marcas e subir ao pódium das competicións máis importantes e, a nivel colectivo, tentarán repetir o ouro da Copa de Clubs de Galicia.
Así mesmo, en Liga masculina, os deportistas buscarán manterse en División de Honra, máxima categoría nacional e, en Liga feminina, loitarán por quedar en Primeira División e "soñar co ascenso a División de Honra".
Por último, desde o club queren lembrar que o prazo de inscrición para a escola está aberto desde o pasado 1 de setembro a través da súa páxina web, e poderán apuntarse atletas que teñan entre 9 e 15 anos e con experiencia previa en práctica deste deporte. Os adestramentos realizaranos no CGTD de Pontevedra desde o mes de outubro ata xuño.
Relacionadas:
-
Antía Chamosa, principal reforzo dos equipos da Gimnástica para a nova tempada
Por Redacción |
-
Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción |
-
Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción |
-
O Concello comeza a poñerse ao día coas subvencións aos clubes deportivos
Por Redacción |
-
O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero |
-
Obxectivo cumprido: A Gimnástica sela a permanencia na División de Honra masculina e Primeira feminina
Por Redacción |