Os piragüistas Antía e Martín Jácome, recibidos no Concello de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Os piragüistas Antía e Martín Jácome foron recibidos este martes polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o edil de Deportes, Bruno Portela, no Concello. Ambos os deportistas recibiron unha placa conmemorativa de mans do rexedor, quen os felicitou polos éxitos conseguidos e mostroulles todo o apoio da corporación local para seguir crecendo como deportistas.
Os dous piragüistas son naturais da parroquia cotobadesa de Borela. Antía está concentrada de forma permanente coa selección española no Centro de Alto Rendemento de Sevilla, a padeeira atópase inmersa na carreira pola clasificación dos Xogos Olímpicos de Tokio.
A progresión de Martín, aínda en categoría júnior, tamén é prometedora e acumula xa varios éxitos a nivel autonómico e nacional.