Nove equipos loitan pola Copa Cidade de Pontevedra de Petanca
Por Redacción
A terceira edición da Copa Ciudad de Pontevedra de Petanca bota andar esta fin de semana coa disputa da primeira xornada da fase de grupos. O evento foi presentado este xoves no campo de petanca situado nos xardíns da Deputación.
A fase previa desta competición, na que participan nove equipos, componse de tres grupos de tres equipos cada un a dobre enfrontamento. Os tres mellores de cada grupo e o mellor segundo clasifícanse para as semifinais, tamén en formato ida e volta. Só a final, que terá lugar o 9 de novembro se disuta a partido único.
A partir deste sábado, cada fin de semana haberá unha nova xornada de competición en tres das seis sedes que compoñen o campionato.
Os nove clubs participantes son Amigos de Campolongo, Centro Social de Pontevedra, O Miradoiro de Monte Porreiro, Santa María de Xeve, O Pote de Mourente, Verducido, Salcedo, O Carballo de Mourente e A Corticeira de Bora.
Desde o Concello e o comité organizador desta competición e da liga local, que comezará ao finalizar a copa, esperan que o próximo ano únanse máis equipos á liga. De feito, agrupacións de Poio e Marín xa mostraron o seu interese en participar na liga, explicou o portavoz da organización Raimundo Argibay.
Relacionadas:
-
Os petanqueiros invaden a Alameda de Pontevedra por unha tarde
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Estes xogadores pétana
Por Marisa Ciordia |
-
Os petanqueiros de Pontevedra invitan a toda a cidade a participar o sábado na festa da petanca
Por Manu Otero |
-
Comeza a liga de petanca, un deporte "para todos os públicos, non só para persoas maiores"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |