A Deputación rende homenaxe ao deporte pontevedrés
Por Manu Otero & Cristina Saiz
A Deputación organizou este xoves a súa tradicional gala do deporte na que na que renderon homenaxe aos 183 deportistas que alcanzaron unha bolsa do ente provincial para axudalos na participación de competicións deportivas. Foron 112 en categoría de alto nivel e 71 a nivel promesa. " Sodes un exemplo" díxolles a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante o evento que conduciron o presentador Terio Carrera e a exxogadora de balonmán Begoña Fernández.
Nesta gala homenaxeouse a deportistas como Pablo Graña, Jenifer Casal, Tamara Echegoyen, Solange Pereira, Nico Rodríguez, Martín Wizner, José Antonio Saavedra, Pablo Dapena, Susana Alonso, Raquel Meaños, Rodrigo Conde, Carla Frieiro, Antonio Serrat, Pedro Ameneiro e Paloma e Paula González Esteban. Aínda que algúns como Rodrigo Germade, Teresa Portela, Antia Jácome, Sergio Vallejo oAdrián Siero non puideron estar presentes no acto polos seus compromisos deportivos.
No acto participaron tamén iconos do deporte pontevedrés como Carlos Pérez, Franco Cobas e José Luis, representantes de España nos Xogos de México 1968; Álvaro Pino, gañador da Volta, ou a exárbitra internacional Cristina Fernández.
O acto, no que actuou o dúo To Mirror, concluíu cun ágape no interior do Pazo Provincial para celebrar o talento do deporte de elite da provincia e poñer en valor a proxección dos novos valores.