O título de campión galego de rally de montaña xa leva o nome de Alexis Vieitez
Por Redacción
A vixésima edición da Subida á Escusa chegou, este domingo, ao seu fin. Despois das dúas vitorias de Alexis Vieitez nas dúas probas da xornada anterior, o corredor pontevedrés volveu facer o seu na final, terminando como máximo campión do Galego de Rally de Montaña disputado en Poio.
A diferenza do sábado, ás 9:30 horas xa ruxían os motores dos máis de 90 vehículos que tomaron parte na tradicional cita. No referente ao percorrido, este foi o mesmo que na xornada anterior: ao longo das estradas de Poio e Sartal. Pasado o mediodía xa concluíran as carreiras, que, unha vez máis, dominou Vieitez, pertencente á escuadra anfitrioa, Buxa Motor.
Pablo Rey, do Martínez Racing, conseguiu o segundo posto, terminando coa prata en tres das catro mangas da competición. Seguiulle Martín Villar, do Outeda Racing.
Do mesmo xeito que o día anterior, máis de 80 persoa encargáronse de manter a seguridade de todos os presentes, tanto competidores como asistentes. Finalmente, a xornada concluíu sen ningún problema e todos puideron gozar, un ano máis, do automobilismo galego.
Relacionadas:
-
Douscentos ciclistas correrán pola ruta do miradoiros de Poio
Por Manu Otero |
-
Alexis Vieitez remata no alto da táboa na primeira xornada da Subida á Escusa
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Os motores volven ruxir esta fin de semana na Escusa
Por Redacción |
-
Alexis Vieitez impón a súa lei en Ponte Caldelas
Por Manu Otero |
-
Alexis Viéitez non falla e imponse na XXII edición da Subida a Pontevedra
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz |
-
Alexis Viéitez consegue un novo coche e apunta á Subida A Pontenova
Por Diego Espiño |