Aberto o prazo de preincripción para as escolas deportivas municipais
Por Redacción
O prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas do Concello de Pontevedra está aberto desde este luns. O número de prazas dispoñibles para o presente curso ascende a 2.500, 700 unidades máis que o ano anterior. Os interesados poden presentar xa a súa solicitude para unha vintena de disciplinas.
O catálogo deste ciclo está composto por: triatlon, atletismo, baloncesto, rugby, fútbol, voleibol, fútbol sala, balonmán, esgrima, tenis, pádel, bádminton, judo, loita olímpica, taekwondo,ximnasia rítmica, xadrez, escalada deportiva, ximnasia acrobática, orientación deportiva e ximnasia trampolín.
O orzamento destas escolas ascende a 250.000 euros, 108.000 máis que o curso previo. Deste xeito, as subvencións por menor increméntanse en 22 euros pasando dos 60 do curso 2018-2019 aos 82, do curso que comeza este luns.
Ademais das 2.500 prazas das escolas, lembra o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, que "hai que sumar outras 600 das Escolas Deportivas rurais". Tamén aumenta a dotación económica, de 10.000 a 15.000 euros, para as escolas municipais.
O interesados dispoñen de prazo ata o xoves 19 de setembro para formalizar a preinscrición. Poderán realizala nas oficinas do Pavillón Municipal ou a través da sede electrónica do Concello de Pontevedra. No caso de que a demanda supera á oferta, as prazas adxudicaranse por sorteo público.
As listas definitivas serán publicadas o 30 de setembro, mentres que a matriculación xestionarase directamente coa entidade organizadora da escola.
Relacionadas:
-
Festival atlético para dar a benvida ao Nadal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Concello comprométese a axilizar o pago das subvencións aos clubs deportivos
Por Redacción |
-
As escolas deportivas pechan o prazo de presentación de solicitudes con 2.000 peticións
Por Redacción |
-
O Concello comeza a poñerse ao día coas subvencións aos clubes deportivos
Por Redacción |