Os nadadores do CN Galaico exhíbense no galego de augas abertas
Por Redacción
O CN Galaico consegue catorce medallas no campionato galego de augas abertas celebrado na Coruña. Os nadadores do club pontevedrés, proclamáronse campións autonómicos en tres categorías. Bea Gómez fíxose co ouro na proba absoluta feminina, Carla Goyanes fixo o propio en Júnior 2 e o equipo absoluto feminino tamén se subiu ao primeiro chanzo do podio na competición por equipos.
A medalla de prata conseguírona María Vilas e Christian Fernández en categoría absoluta; o equipo feminino máster, a júnior Antía Ortego e os alevíns Nicolás Vázquez e Marta Novo. O bronce leváronllo o equipo masculino, os infantís Pablo Martín e *Álex Lages.
En categoría máster, Sergio Benthancourt proclamouse campión galego en +55 e Teresa Celemín foi subcampioa en +60. Pola súa banda, as medallas de bronce foron para en Rosalía García en +20, Beth Hall en +40 e Adolfo Fernández en +50.
"A nova tempada non podía comezar mellor, cun traballo excelente de todos os nadadores e nadadoras, así como do corpo técnico, e uns resultados espectaculares", recoñecen desde a escuadra pontevedresa.
Relacionadas:
-
O Natación Galaico contará con 320 nadadores para a nova tempada
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Galaico organiza un mes de portas abertas para captar novos talentos
Por Redacción |
-
Bea Gómez vuelve a brillar en la piscina
Por Manu Otero |
-
María Vilas e Bea Gómez son subcampionas de España
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O Campionato Galego Absoluto de natación queda na casa
Por Redacción |