Os tiros libres condenan a un Arxil que acumula a súa terceira derrota en Copa Galicia
Por Redacción
O Arxil disputou este mércores o terceiro encontro de Copa Galicia ante o AD Cortegada tras gardar un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista de Valga.
O partido comezou mal para o conxunto verde acumulando malos porcentaxes e perdas de balón que o Cortegada aproveitou para coller 9 puntos de diferenza e colocando o marcador cun 20-11 a favor das locais. No segundo cuarto, as defensas impuxéronse aos ataques, e o Cortegada, con mellor porcentaxe nos tiros libres, ampliou a diferenza a 11 puntos (32-21).
Tras o paso polos vestiarios, o conxunto local continuou coa súa mala racha en tiros libres logrando anotar 9 de 24 en todo o encontro. A diferenza de 11 puntos continuou ata o último cuarto, que a base dunha mellor defensa e maior acerto de fronte ao aro, o Arxil logrou poñerse por diante do marcador que de pouco serviulle. A falta dun minuto, o Cortegada púxose por diante e o conxunto pontevedrés só conseguiu encestar 1 de 6 tiros libres.
Nos últimos 14 segundos, as de Maite Méndez fallaron un triplo co que podían empatar o partido pero finalmente, o encontro acabou cuns 61 puntos para o Cortegada e 55 para o Arxil.
Con este resultado, o Arxil acumula a súa terceira derrota consecutiva nesta pretemporada tras perder ante o Ferrol e o Celta.
O próximo encontro das de Pontevedra é o sábado ás 20:00 horas no CGTD ante o Queso Pastor de Zamora onde xoga a ex arxilista Gala Mestre.
Relacionadas:
-
O Celta Zorka, primeiro obstáculo na nova aventura do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil, "a pleno rendemento" ante o inicio da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil cae diante do Zamarat no partido de presentación ante o seu público (48-63)
Por Redacción |
-
O Arxil cae fronte ao Celta Zorka na segunda xornada de Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil debuta con derrota ante o Ferrol na Copa Galicia (65-79)
Por Redacción |
-
O Arxil pide aos seus afeccionados que se fagan socios como regalo polo seu 35 aniversario
Por Redacción |