O SAPO terá representación no Surf Rescue Challenge de Sudáfrica
Por Almu Dapena
O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, recibiu este mércores aos deportistas do Club Salvamento Pontevedra (SAPO) para felicitalos polo éxito alcanzado nos pasados campionatos de España de Salvamento e Socorrismo destacando "as últimas xestas" conseguidas polas novas promesas da entidade.
É por iso, que por mor deses bos resultados, xunto cos logrados nos Campionatos Galegos nas distintas competicións e ligas autonómicas e nacionais, a Real Federación de Salvamento e Socorrismo convocou a Sara Iglesias, dobre ouro en carreira con táboa de salvamento e en Oceanwoman, prata en sky de salvamento en categoría xuvenil e catro ouros na I Copa de España de Salvamento; Anxo López, bronce en sky; e a José María Villaverde, ouro en carreira con táboa de salvamento en categoría absoluta, prata en sky de salvamento en categoría xuvenil e dous bronces en carreira con táboa e en Oceanman; para formar parte do equipo nacional que participará no Torneo Internacional de Salvamento que se celebrará en Durban (Sudáfrica) entre o 28 de setembro e o 2 de outubro.
O Surf Rescue Challenge dispútase en augas abertas e forma parte do plan de preparación deseñado pola Federación Española para as seleccións nacionais absolutas e junior de fronte ao Campionato do Mundo que terá lugar en Riccione (Italia) en setembro de 2020.
Así mesmo, acudirán Australia, Nueva Zelanda, Estados Unidos e Sudáfrica, en ambas as categorías, e Japón só na absoluta.
Ao acto de recepción tamén asistiron Celia Lima (prata en carreira con táboa de salvamento en categoría cadete), Uxía Bethencourt e Uxía Amoedo (primeiras na clasificación xeral por equipos), acompañadas polo adestrador do club, Carlos Montero, e pola presidenta, Carmen Calvar.
Relacionadas:
-
Recepción a Celia Lima, subcampioa no Europeo junior de salvamento e socorrismo
Por Redacción |
-
Os pequenos do SAPO mostran o seu potencial no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
O SAPO consegue unha medalla de bronce no Nacional Absoluto de salvamento
Por Redacción |
-
Éxito do SAPO no primeiro Campionato de España de Longa Distancia de salvamento deportivo
Por Redacción |