Empate amargo para o Poio Pescamar ante un Esplugues moi forte en defensa (1-1)
Por Almu Dapena
Repartición de puntos no encontro disputado este sábado entre o Penya Esplugues e o Poio Pescamar.
Despois da avultada vitoria lograda a xornada pasada polo Poio Pescamar ante o Alcorcón, ao equipo vermello tocoulle sufrir fronte a un Penya Esplugues que buscaba os seus primeiros puntos da tempada.
O encontro comezou con gran intensidade e con innumerables chegadas do equipo galego á portería contraria que non foron suficientes para inaugurar o marcador. A sorte non estaba de parte das vermellas que viron como Arantxa mandaba o balón á rede da portería de Silvia Aguete cun disparo desde metade de pista despois dunha carambola na súa área e un mal despexe da defensa.
Tras o paso polos vestiarios e co 1-0 no marcador, as pupilas de Raúl Jiménez non se viñeron abaixo e continuaron coa mesma tónica que na primeira parte, longas posesións que se traducían en boas oportunidades. Sería no minuto 33 cando chegaría o empate ao electrónico. Despois unha boa posesión do conxunto vermello, Dani Souza logrou plantarse diante da porteira local e nun dous para un con Andrea Feijoo, culminou a xogada anotando ao segundo pau.
Nos últimos compases do encontro seguiron sucedendo as ocasións para o equipo pontevedrés que se empregou a fondo en buscar unha vitoria que se viu reducida pola solidez defensiva do equipo catalán.
O encontro finalizou cunha repartición de puntos entre ambos os equipos a pesar de que o Poio tivo unha clara ocasión a balón parado nos últimos 5 segundos do partido.
PENYA ESPLUGUES (1): Nerea; Celia, Luján, Collado e Pilar (quinteto inicial). Tamén xogaron, Berta Velasco, Alex Giró, Arantxa e Laura.
POIO PESCAMAR (1): Silvia; Antía, Anna Escribano, Dani Souza e Ana Rivera (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mirian Ruiz, Andrea, Clara, Irene e Carolina.
Árbitros: Bernardo Simón e Alfonsó Dalí do colexio catalán que amoestaron a Berta Velasco e a Pilar na Penya Esplugues e a Clara no Poio Pescamar.
Goles: 1-0, min. 9 Arancha. 1-1, min. 33 Dani Souza.
Incidencias: CEM Lles Moreres ante uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Un inmellorable Poio Pescamar golea á UCAM na segunda metade (8-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar debe volver gañar na casa para non perder o tren da final a catro
Por Redacción |
-
Vitoria contundente do Poio Pescamar fronte ao Universidad de Alicante (1-4)
Por Almu Dapena |
-
Dous goles na primeira metade condenan ao Poio Pescamar fronte ao Atlético (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O virus Fifa cébase co Poio Pescamar antes de recibir ao Atlético
Por Manu Otero |
-
Unha escordadura aparta a Silvia Aguete da Selección
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar mide a fraxilidade defensiva do Esplugues
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar enfrontarase ao Fisgón na primeira rolda da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Ana Rivera, do Poio Pescamar, entra na convocatoria da selección española
Por Redacción |
-
Desquite do Poio Pescamar á conta do Alcorcón (8-2)
Por Redacción & Diego Torrado |