Gran debut do TM Monte Porreiro que inicia a liga con vitoria fronte o Leganés
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro viaxou a Madrid este sábado para disputar o primeiro encontro da nova tempada na Superdivisión masculina fronte o Leganés, ao que derrotaron por 2-4.
O primeiro partido disputárono Guillermo Martínez, nova incorporación do Visit Pontevedra, fronte ao ruso Ramil Mutygullin, que defendía ao conxunto madrileño. Foi este o que empezou adiantándose no marcador pero, a pesar da súa potencia, Guillermo logrou remontar cun xogo curto e seguridade (1-2). Finalmente, Ramil reaccionou e impúxose por 3-2.
A continuación chegou a quenda de Horacio Cifuentes e Martín Bentancor que lograron vencer por 3-0 a Libre Sancho e Filatov, respectivamente. Desta maneira, o conxunto pontevedrés adiantábase e poñía o 1-2 no marcador xeral.
Os números un de ambos os equipos xogaron a continuación. Novamente saían á pista o arxentino Horacio Cifuentes, para defender ao conxunto galego, e o ruso Mutygullin para facer o propio para os madrileños. Nos dous primeiros sets impúxose o Visit con autoridade e contundencia pero o ruso reaccionou a tempo para darlle a volta ao luminoso e acabar vencendo por 3-2.
Co 2-2 no xeneral, aínda quedaban dous partidos por disputar.
Novamente chegaba a quenda de Guillermo. Nun encontro moi igualado ante Filatov, logrou impoñerse por 3-2 mentres que Bentancor facía o mesmo fronte a Sancho e gañaba por 3-1.
Con esta vitoria, o equipo pontevedrés consegue dous puntos moi importantes para afrontar con optimismo a que esperan que sexa unha dura tempada.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro, sen opción ante o Irun Leka Enea e cae con claridade (4-0)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro cae ante o Híspalis e suma a súa primeira derrota desta tempada (4-0)
Por Redacción |
-
A boa serie do TM Monte Porreiro continúa cunha vitoria fronte ao L'Escala (4-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O TM Monte Porreiro triunfa no campionato internacional de verán
Por Redacción |
-
Horacio Cifuentes e Nico Galvano renovan co Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |