O Pontevedra B cae goleado (6-1) na súa visita ao líder da Preferente, o Atios
Por Redacción
O Pontevedra B volve sufrir unha goleada, esta vez fronte ao líder da clasificación. O conxunto adestrado por Sergio Morera desprazábase a Porriño para enfrontarse a un rival complicado que viña de sufrir no anterior partido.
Foi no minuto 7 cando o Pontevedra empezou adiantándose. Pouco lle durou a alegría aos de granate que viron como Marquitos dáballe a volta ao marcador cun dobrete nos minutos 19 e 23.
O Pontevedra non reaccionaba e o terceiro gol chegou aos poucos minutos, esta vez cun disparo de Estefan que poñía o 3-1 no luminoso, resultado co que se chegaría ao descanso.
Tras o descanso, o Atios tardou 15 minutos en marcar o que sería o cuarto gol do encontro. Novamente Marquitos batía a portería defendida por Sergio e anotaba un hat- trick, que daba paso ao quinto gol, que marcaba Jony.
Co Pontevedra xa sen forzas, Manu Vilán quixo deixar pegada no partido e marcou o sexto gol para o Atios no minuto 89.
Consulta a acta do partido U.D Atios-Pontevedra B nesta ligazón.
Primeira vitoria do Beluso nesta tempada e con goleada a un Gran Peña que segue sen coñecer o triunfo.
Tras cultivar dous empates e tres derrotas, o Beluso saltaba ao verde de As Laxes con ganas de deixar os tres puntos en casa. Os locais abrían o marcador aos 7 minutos de encontro cun gol de Ivi que batía a portería de Sergio Rodríguez.
Despois de 30 minutos xogados e coa Gran Peña buscando o empate, este chegaba cun disparo de Pablo Lafuente, poñendo así a igualada pola mínima.
Na segunda metade, o Beluso sentenciaba en apenas un minuto con dous goles (minuto 65 e 66) de Adri Estévez e Jacobo. Cando parecía que o 3-1 quedaría no marcador, Adri Estévez marcou o seu segundo gol do partido a falta de 5 minutos de que o árbitro pitase o final e poñía o 4-1 no luminoso.
Consulta a acta del Beluso-Gran Peña nesta ligazón
O Portonovo buscaba conseguir unha vitoria despois de perder o últimos catro partidos disputados. Esta vez tocoulle recibir ao Ponteareas no campo de Baltar onde se viviu unha primeira parte sen goles.
Pouco despois de que dese comezo a segunda metade, foi Miguel Rodríguez o que abriu a lata e adiantaba ao cadro local no marcador.
Foi entón cando o adestrador visitante decidiu dar unha nova imaxe ao equipo que estaba sobre o verde e realizou tres cambios no minuto 56 que de pouco servíronlle xa que pronto chegaría un novo gol para o Portonovo que aumentaba a súa vantaxe. Alejandro Casal foi o que mandou o balón á rede no minuto 64 e pouco despois, Diego sentenciaría o encontro a falta de 20 minutos para o final.
Consulta a acta do partido Portonovo-Xuvenil Ponteareas nesta ligazón.
Primeira parte sen goles a vivida no campo de San Pedro no partido que enfrontaba ao Vilalonga fronte ao Céltiga.
Foi David Calo o que inauguraba o marcador aos tres minutos de saír ao campo despois de pasar polo vestiario.
Co 1-0 e cando parecía que o resultado quedaba así, David Campos marcou o segundo tanto e daba a tranquilidade ao equipo local a falta de 6 minutos para o final do encontro.
Consulta a acta do partido Vilalonga-Céltiga nesta ligazón.
Emoción ata o final en Ourense onde Velle e Ribadumia buscaban levar os tres puntos do partido.
No minuto 7 adiantáronse os de Luís Carrro cun gol de Rubén Cerqueiras. Cos dous equipos envorcados en marcar gol, a distancia lográbaa Cheri que mandaba o balón á portería defendida por Michi e poñía o 0-2 no luminoso.
Lonxe de renderse, o equipo ourensán veu arriba e reduciu distancias a 15 minutos de terminar a primeira parte.
Cun resultado de 1-2, o Velle buscaba o empate e o Ribadumia manter o resultado. Finalmente, na segunda parte non houbo goles e os tres puntos viaxaron a Barrantes.
Consulta a acta do Velle-Ribadumia nesta ligazón.
O Valladares segue pechacancelas despois dunha nova derrota, esta vez fronte ao Juventud Cambados.
Tras unha primeira parte moi igualada, era Batallón o que se encargaría de marcar a diferenza cun gol no minuto 45.
Co 1-0 ao descanso, o Cambados colleu forzas e aumentou a diferenza cun gol de Aaron Paredes no minuto 62.
A falta de 10 minutos para o final, Yago Ameneiro transformaba un penalti e daba a tranquilidade para os locais. Xa no minuto 90, foi Tomás o que marcou o gol da honra para os visitantes e deixaba un marcador de 3-1.
Consulta a acta do Juventud Cambados-Valladares nesta ligazón.
Mondariz e Sanxenxo repartíronse os puntos tras disputar un partido moi igualado no campo da Lagoa onde non houbo goles.
O Mondariz quedou con 10 no minuto 39 por unha vermella directa a Julián pero esa vantaxe numérica non a soubo aproveitar o Sanxenxo que a pesar de xogar toda a segunda parte cun máis, non puido bater a portería de Vitas.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B gana ao Sanxenxo (3-1) e o Vilalonga cae no derbi ante o Portonovo (3-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B gaña o Portonovo (0-2) e o Villalonga derrota o Atios para poñerse colíder (2-1)
Por Redacción |
-
Dobrete de Martín Diz e repartición de puntos no Pontevedra B - Moaña (2-2)
Por Redacción |
-
Álvaro Bustos, entre algodóns por un golpe no pé
Por Diego Espiño |
-
Tres puntos de ouro e mérito para o Pontevedra B á conta de Cultural Areas (3-2)
Por Redacción & Diego Torrado |