A climatoloxía, protagonista na despedida da Regata Rey Juan Carlos
Por Redacción
A entrada dunha borrasca con choiva e vento complicou este domingo as condicións de navegación na terceira e última xornada da Regata Rey Juan Carlos, unha das citas da tempada no Real Club Náutico de Sanxenxo, pero non evitou que se completarán novas probas en cada unha das once clases participantes.
Un dos gañadores foi o Bribón 500 na Clase 6 M de barcos clásicos, aínda que nesta ocasión atopábase patroneado polo presidente do Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos, ante a convalecencia do rei emérito tras a súa recente operación de corazón. Ao ser esta cita tamén campionato de España da clase, proclamouse campión á súa vez nacional.
O resto de vencedores foron o 'Pairo 8' de Luis Bugallo, 'Bosch Service Solutions' de Ramón Ojea, 'Seljm' de Patrick Monteiro, 'Santiago Roma Rías Baixas' de Iñaki Carbajo, 'Rabudo' de Juan Fontán, 'Salano dos' de Fancisco Javier Rey, 'Okofen' de Javier de la Gándara, Pablo Rodríguez, Víctor Nicolás Gómez y el 'ESP 5' de Sofía Martínez. Pola súa banda, 'Mirfak', 'Impresion3DAtlántico' e 'Bosch Service Solutions' foron os gañadores este ano do Trofeo Presidente da Xunta.
Sobre a ausencia do rei Juan Carlos, que estivo en Sanxenxo presenciando a competición, Pedro Campos sinalou que "ter a resposabilidad de substituílo aos mandos do barco tras vir de gañar o Mundial en Finlandia foi un gran orgullo".