O Waterpolo Pontevedra afina a súa posta a punto en Portugal
Por Redacción
Xornada intensiva de preparación para o Club Waterpolo Pontevedra a vivida este domingo 29 de setembro no país veciño.
O Paredes Polo Aquático convidou o club pontevedrés á súa piscina para facer unha serie de partidos de pretempada, na localidade de Recarei. Alí acudiu o Pontevedra cos seus equipos absolutos masculino e feminino.
O conxunto feminino comezou cun duelo igualado no seu primeiro enfrontamento, que finalizou con vitoria do Paredes (10-7), mentres que os mozos sufriron a superioridade dos locais na primeira metade pero melloraron na segunda, cos lusos dando entrada aos seus reservas.
Xa pola tarde disputáronse outros dous partidos con motivo da presentación oficial dos equipos do Paredes. O partido feminino comezou moi ben para as pontevedresas, que co 7 titular conseguiu gañar o primeiro cuarto 3-4, aínda que terminaría cedendo por 11-9.
Pola súa banda o equipo absoluto masculino do Waterpolo Pontevedra mellorou no seu último encontro, tanto en defensa como no ataque combinativo, aguantando o primeiro parcial cun 2-0 en contra. Despois chegou a superioridade dos portugueses, que venceron por 16-4.
Unha xornada que a pesar das derrotas achegou experiencia para os pontevedreses pensando no comezo das competicións oficiais.
Relacionadas:
-
Estrea ligueira con triunfo para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O equipo absoluto feminino do Waterpolo Pontevedra inicia a tempada como 'supercampión' galego
Por Redacción |
-
A tempada iníciase con título para o Waterpolo Pontevedra na Supercopa Galega
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra comeza a pretemporada na praia
Por Manu Otero |
-
O CN Sabadell ficha a dous xuvenís do CW Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Waterpolo Pontevedra busca cativada para a súa canteira
Por Manu Otero |