Unha escordadura aparta a Silvia Aguete da Selección
Por Redacción
A representación do Poio Pescamar na convocatoria da selección española feminina de fútbol sala redúcese. A gardameta Silvia Aguete sofre unha escordadura nun dos seus nocellos e viuse obrigada a abandonar a concentración. No seu lugar entra a porteira do Roldán FSF, Ana Etayo.
Coa marcha de Aguete, unha das fixas nas listas da seleccionadora Claudia Pons, só queda entre as catorce elixidas Ana Rivera, que fora chamada para suplir á tamén lesionada Patricia Ortega. Aínda así, na convocatoria hai xogadoras con pasado no club conserveiro como Jenny Lores.
España disputa este martes e mércores dous encontros amigables contra Portugal. O primeiro está previsto para esta tarde ás 19 horas no pabillón Carolina Marín de Huelva. Mentres que o segundo dos duelos, terá lugar na localidade onubense de San Juan del Puerto á mesmo hora. Ambos os encontros poderán seguirse en directo vía streaming, a través de www.sefutbol.es e das diferentes canles en redes sociais da Real Federación Española de Fútbol.
Relacionadas:
-
Marín acollerá en decembro un partido da Selección Española Feminina de fútbol sala
Por Redacción |
-
Dous goles na primeira metade condenan ao Poio Pescamar fronte ao Atlético (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O virus Fifa cébase co Poio Pescamar antes de recibir ao Atlético
Por Manu Otero |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar ante un Esplugues moi forte en defensa (1-1)
Por Almu Dapena |
-
Ana Rivera, do Poio Pescamar, entra na convocatoria da selección española
Por Redacción |
-
Jenny Lores e Silvia Aguete, convocadas coa Selección Española
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar, na busca da súa primeira victoria en casa
Por Almu Dapena |
-
Demasiado Burela para o Poio Pescamar no debut ligueiro (4-1)
Por Redacción |