Éxito do Bádminton Pontevedra en Collado Villalva e As Neves
Por Redacción
Unha representación do Bádminton Pontevedra participou esta fin de semana no máster sub 13 e sub 17 celebrado na localidade madrileña de Collado Villalba onde acudiron tres membros do conxunto lerezano. A máis destacada foi Natalia Murio, que se impuxo no dobres mixto sub 17 formando parella con madrileño Álvaro Moral. Ademais, Murio foi bronce no dobres feminino coa catalana Paula Molins.
En categoría sub 13, o bronce foi para Lia Illán na modalidade de dobres feminino coa estradense Iziar Barcala. A expedición pontevedresa completouna Martín Nistal, que completou un bo torneo a pesar de non alcanzar as roldas finais.
O próximo compromiso será a próxima fin de semana co comezo da Liga Nacional de Clubes en Granollers.
Doutra banda, o domingo disputouse nas Neves o primeiro circuíto galego para as categorías Sub 11 e Absoluta, coa participación de varios deportistas pontevedreses, con medalla de ouro e dous de prata para o cadro da Boa Vila na máxima categoría grazas á actuación de Raquel Miguens, Miguel Serrano e Noelia Gestoso.
Relacionadas:
-
Triunfo por partida dobre de Natalia Murio no Máster de Sevilla de bádminton
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol, satisfeito dos seus resultados no Trofeo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O trofeo Cidade de Pontevedra reúne no CGTD un centenar de xogadores de bádminton
Por Manu Otero |
-
Dúas vitorias e unha derrota na estrea da tempada do Bádminton Pontevedra na Primeira Nacional
Por Redacción |
-
As promesas do bádminton do CGTD inician o asalto ao Europeo sub 17
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol pecha o seu plantel coa fichaxe de Gabriel Fernández
Por Redacción |
-
Pablo Sanmartín e Miguel Serrano, novas fichaxes do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol renova a Miguel Sanluis e ficha a Amaia Torralba
Por Redacción |
-
Tripla medalla de bronce para o Ravachol Pontevedra na festa do bádminton nacional
Por Redacción & Diego Torrado |